[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Cervo, Cedeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cervo
Capela de San Antón de Corveiro.
ConcelloCedeira[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°41′07″N 8°02′26″O / 43.68534392, -8.04054934
Poboación160 hab. (2017)
Entidades de poboación26[1]
editar datos en Wikidata ]

Santalla de Cervo[1] é unha parroquia que se localiza no concello de Cedeira, na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 210 habitantes (112 mulleres e 98 homes), distribuídos en 26 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 244 habitantes.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A parroquia de Cervo está situada na parte alta do val do río Condomiñas e na aba leste do monte Eixil que polo norte forma os elevados cantís de Punta Candieira. Os lindes desta parroquia son: Polo norte e oeste, o mar, dende a Boca da Ribeira á Fonte da Ardillosa; polo leste a parroquia de Régoa e polo sur a parroquia de Cedeira, dende a desembocadura do rego do Couto no río Condomiñas, até a fonte de Eixil e da Ardillosa.

Unha estrada que sae da vila de Cedeira pasa por Chímparra, polos altos da Capelada e chega até o concello de Cariño, atravesa esta parroquia polo leste cruzando os lugares de Retorta, Magoira, Corredoira, Graña e Rabadán.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

No lugar de Ledín está a igrexa parroquial que ten a Santa Olalla coma patroa. Sobre o cantil da parte occidental do monte Eixil hai unha pequena ermida, a de Santo Antón do Corveiro, de tradicional romaxe polos cedeireses o día da festa. Esta ermida de San Antón de Corveiro comezouse a construír en 1661. Está sita nunha contorna dende a que se contempla unha panorámica da entrada da ría. No interior, destaca o retablo barroco, procedente da igrexa parroquial. No campo que arrodea á ermida, atópase un cruceiro de pedra sepentina, que foi levado alí dende o antigo cemiterio de Cedeira.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Cervo

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Cervo no concello de Cedeira

A Arrasa | O Calvario | O Cancelo | Carreiro | Cervetelo | Chímparra | A Corredoira | Corveiro | O Covo | O Eirado | Espiñaredo | Golmar | A Graña | As Lamestras | Ledín | Magoira | Nebril | Punta Candeeira | Rabadán | Remesal | Os Salgueiros | Sobolocovo | Trasmonte | Viladesuso | Vilar | Vilas


Parroquias de Cedeira

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cedeira

Cedeira (Santa María do Mar) | Cervo (Santalla) | Esteiro (San Fiz) | Montoxo (San Xiao) | Piñeiro (San Cosme) | Régoa (Santa María) | San Román de Montoxo (San Román) | Teixido (Santo André)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]