Centropómidos
Centropomidae | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Centropomus undecimalis | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||
ver texto |
Os Centropómidos (Centropomidae) son unha familia de peixes mariños e algúns de auga doce incluída na orde dos Perciformes. Están distribuídos por ríos de América e polo océano Atlántico.
Características
[editar | editar a fonte]Teñen cabeza grande e algo deprimida dorsalmente, con boca grande e protráctil e a mandíbula inferior moi prominente. Preopérculo aserrado con 1-2 espiñas. Liña lateral continua e algo arqueada.
Dúas aletas dorsais separadas, con 7 a 8 espiñas na primeira e 1 espiña e 8-11 raios brandos na segunda, mentres que a anal ten 3 espiñas e 6-9 raios brandos. As pelvianas, cunha espiña e 5 raios brandos, insírense detrás das pectorais.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Actualmente considérase integrada por un único xénero con 12 especies, pero ata ai pouco incluía tamén os xéneros Hypopterus, Lates e Psammoperca, hoxe clasificados dentro da familia Latidae.[1]
- Xénero Centropomus (Lacepède, 1802)
- Centropomus armatus (Gill, 1863)
- Centropomus ensiferus (Poey, 1860)
- Centropomus medius (Günther, 1864)
- Centropomus mexicanus (Bocourt, 1868)
- Centropomus nigrescens (Günther, 1864)
- Centropomus parallelus (Poey, 1860)
- Centropomus pectinatus (Poey, 1860)
- Centropomus poeyi (Chávez, 1961)
- Centropomus robalito (Jordan e Gilbert, 1882)
- Centropomus undecimalis (Bloch, 1792)
- Centropomus unionensis (Bocourt, 1868)
- Centropomus viridis (Lockington, 1877)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ITIS mantén (4.01.2012) os catro xéneros dentro da familia Centropomidae, dividida en dúas subfamilias: Centropominae e Latinae.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Centropómidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Centropómidos |