[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Castela a Vella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa de Castela a Vella

Castela a Vella é unha rexión histórica española que comprendía o territorio que despois correspondeu ás provincias de Santander (desde 1982 Cantabria), Burgos, Logroño (desde 1980 A Rioxa), Soria, Segovia e Ávila, aínda que algúns engaden tamén as de Valladolid e Palencia.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

A súa orixe está na Castela histórica formada no século IX na zona comprendida entre as actuais Cantabria, Áraba e Burgos. No século XVIII, Carlos III asignaba ao chamado reino de Castela a Vella as provincias de Burgos, Soria, Segovia, Ávila, Valladolid e Palencia. O real decreto do 20 de novembro de 1833, reforma de Javier de Burgos, puxo as bases da división en provincias que, con algunhas diferenzas, chegou aos nosos días; Logroño e Santander súmanse a Castela a Vella.

Outro real decreto do 30 de novembro de 1855, que dividía España en 49 provincias, asignaba as provincias de Valladolid e Palencia ás provincias que formaban o antigo Reino de León, quedando unicamente en Castela a Vella as de Santander, Burgos, Logroño, Soria, Segovia e Ávila. Esta división, que sufriu outros intentos de reforma durante o século XIX, é a que perdurou en libros e enciclopedias ata a segunda metade do século XX.

Co Estatuto de Autonomía de Castela e León de 1983, Castela a Vella perdeu boa parte da súa identidade, en, por unha parte, integrarse politicamente xunto con León nun ente superior, e por outra, en perder en favor das autonomías provinciais dúas das súas provincias, Santander e Logroño, que pasaron a constituír as comunidades autónomas de Cantabria e A Rioxa respectivamente.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]