[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Castúo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Castelán de Estremadura»)
Castúo
Falado en: España
Rexións: Estremadura
Total de falantes:
Familia: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Iberorrománica
    Castelán
     Castúo
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Linguas de Estremadura
Status

O castúo ou castelán estremeño é o nome xenérico para os dialectos de castelán falados na comunidade autónoma de Estremadura, en España. Non debe ser confundido co estremeño, de raíces asturleonesas, ou coa fala, de raíces galego-portuguesas.

Características

[editar | editar a fonte]

O castelán de Estremadura é unha fala meridional de tránsito co estremeño e caracterízase por compartir trazos como algunhas lexicalizacións de conservación do grupo -mb- latino, algunhas expresións de xenitivo partitivo do estilo unos pocos de, o diminutivo en -ino (que non -inu) e sobre todo os trazos comúns coa fala urbana andaluza occidental distinguidora (nin ceceante nin seseante), incluíndo a aspiración de -s- e -z- implosivo, a elisión do -d- intervocálico, a aspiración do efe inicial latino e certos cambios de xénero nalgunhas palabras (la caló). A neutralización do -r- e -l- en posición implosiva, se existe, tende ao -r- nunhas falas e ao -l- noutras. O erre e o ele finais habitualmente omítense (como no andaluz occidental ou como na fala altoestremeña de boa parte de Las Hurdes: superió, comé, fatá, papé). Existe certo léxico particular característico, que tende a perderse nalgúns casos entre as novas xeracións. Por exemplo, segue sendo adoito o uso da palabra guarro referida ao porco ou a expresión una mijina (un poquito), que pode reforzarse converténdose en una mijinina ou una mijirrinina. Os trazos propios do castelán de Estremadura póñeno en relación coa lingua estremeña, que constitúe o seu substrato lingüístico (atopamos termos como barruntar no senso de percibir un ruído, privá por bosta, afechar para pechar con chave, etcétera). O seseo só aparece nalgunhas localidades achegadas a Portugal e en Fuente del Maestre,[1] igualmente por influencia das falas estremeñas tradicionais. Existen pequenos illotes de uso esporádico do artigo co posesivo (la mi cama) tamén na provincia de Badaxoz, mesmo en lugares do estremo sur desta, aínda que xa en decadencia.

  1. [1] Hablas de Extremadura (en castelán)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]