[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Carmen Conde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarmen Conde

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Carmen Conde Abellán Editar o valor en Wikidata
15 de agosto de 1907 Editar o valor en Wikidata
Cartaxena, España Editar o valor en Wikidata
Morte8 de xaneiro de 1996 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Majadahonda, España Editar o valor en Wikidata
Causa da morteAlzhéimer Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de San Justo de Madrid Editar o valor en Wikidata
ResidenciaEl Pardo
Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoetisa, crítica literaria, escritora, mestra Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioFlorentina del Mar
Magdalena Noguera Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAntonio Oliver Belmás (1931–1968) Editar o valor en Wikidata
ParellaAmanda Junquera Butler Editar o valor en Wikidata
ParentesAntonio Abellán Amorós, curmán entregue Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4936301 Dialnet: 74689 Find a Grave: 7752837 Editar o valor en Wikidata

Carmen Conde Abellán nada en Cartaxena o 15 de agosto de 1907 e finada en Madrid o 8 de xaneiro de 1996, foi unha mestra, poeta e narradora española. En 1931 fundou, xunto con Antonio Oliver Belmás, a primeira Universidade Popular de Cartaxena. Foi a primeira académica de número da Real Academia Española[1]; pronunciou o seu discurso de entrada en 1979.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ós seis anos trasladouse coa súa familia a Melilla, onde viviu até 1920. As memorias desta época están recollidas en Empezando La vida. En 1923, aprobou unhas oposicións para Auxiliar da Sala de Delineación da Sociedad Española de Construcción Naval e comezou a traballar, iniciando a súa colaboración coa prensa local un ano máis tarde. Ós 19 anos comezou Maxisterio na Escola Normal de Mestras de Murcia.

Un ano despois, en 1927, coñeceu ó poeta Antonio Oliver Belmás e formalizaron as súas relacións. Ela publica en Lei: (entregas de capricho), e en 1928 en Obra en marcha: diario poético, as minoritarias revistas de Juan Ramón Jiménez. En 1929 escribe a súa cuarta obra, Brocal, terminando os seus estudos de Maxisterio na Escola Normal de Albacete o ano 1930. Un ano máis tarde, o 5 de decembro de 1931 casan para crear a primeira Universidade Popular de Cartaxena. En 1933, ambos fundan a revista Presencia, órgano da Universidade Popular, institución que tamén conta con biblioteca de adultos, biblioteca infantil, cinema educativo, conferencias, excursións, exposicións de arte etc., auxiliados polo Padroado de Misións Pedagóxicas. Carmen traballa como mestra na Escola Nacional de Párvulos en El Retén.

En 1934 Carmen Conde publica Júbilos, prologado por Gabriela Mistral e ilustrado por Norah Borges. Traballa como Inspectora-Celadora de Estudos do Orfanato de El Pardo, ata que dimite en 1935. Neste ano, os esposos colaboran con xornais nacionais, como El Sol, e tamén con publicacións seriadas hispanoamericanas.

En 1936 a autora coñece a Amanda Junquera, esposa do catedrático de Historia Española Cayetano Alcázar Molina, coa que manterá unha relación amorosa homosexual segundo afirmou, entre outros, José Luís Ferris na biografía que escribiu sobre a escritora: Carmen Conde: vida pasión y verso de una escritora olvidada. O investigador chega afirmar que tanto a vida como a obra da poeta se van a ver definidas por esa batalla interior que Carmen hubo de librar hasta el final de sus días, una lucha íntima, secreta acaso, entre las sombras del pasado y el presente junto a Amanda Junquera.

Ó comezar a Guerra Civil, Oliver únese ó exército republicano á fronte da Emisora Radio Fronte Popular n. 2. Carmen séguelle por varias cidades de Andalucía, pero regresa a Cartaxena para coidar da súa nai. O estalido da Guerra fai que en xullo de 1936 renunciasen ó proxecto de acudir á invitación de Gabriela Mistral (entón Cónsul de Chile en Lisboa), antes de viaxar a Francia e Bélxica, para estudar as institucións de cultura popular naqueles países, para o que Carmen obtivera unha pensión. Tamén na Facultade de Letras de Valencia segue cursos e aproba oposicións a Bibliotecas, aínda que non chega a exercer. Ó rematar a Guerra, Oliver vive recluído en Murcia en casa da súa irmá; Carmen instálase en El Escorial en casa duns amigos, o Alcázar. Para comunicarse co seu marido válese do seu amigo José Ballester Nicolás, director da La Verdad e funcionario de Correos.

A década de 1940 foi literariamente moi produtiva para ambos; ela utiliza como pseudónimos Magdalena Noguera, Florentina del Mar e outros. Imparten cursos para estranxeiros, pronuncian conferencias... En 1941, Carmen instálase na rúa Wellingtonia de Madrid, nun inmoble propiedade de Vicente Aleixandre, que reside na planta baixa. Desde 1944 a 1951, colabora en Radio Nacional de España. Por fin, o matrimonio pode reunirse en 1945, residindo na Pensión Valls da madrileña rúa Goya, xunto coa nai de Carmen, ata que en 1949 pasan a vivir no que será o domicilio familiar, na rúa Ferraz. Ela encárgase da asesoría literaria da Editorial Alhambra, colabora na Sección Bibliográfica do CSIC e na Sección de Publicacións da Universidade Central de Madrid. Estes anos publica algunhas das súas obras poéticas máis importantes: Ansia de la Gracia, Mujer sin Edén...

No ano 1956, o matrimonio xestiona a cesión ó Ministerio de Educación Nacional do arquivo de Rubén Darío, que estaba en poder da súa última compañeira, Francisca Sánchez.

O 28 de xullo de 1968 morre Antonio Oliver, promocionando a súa esposa tres anos máis tarde a edición das obras completas do seu marido. No ano 1978 é elixida académica de número da Real Academia Española, ocupando a cadeira de brazos "k", pronunciando o 28 de xaneiro de 1979 o discurso de ingreso na Academia, Poesía ante el tiempo y la inmortalidad.

A partir do ano 1982 e a pesar da continuidade no seu labor creador, comezan a manifestárselle os primeiros síntomas do Alzeheimer. Aínda así, non deixa de conceder entrevistas, participar en programas de radio etc. Mesmo en 1987 recibe o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil por Canciones de nana y desvelo.

Nos últimos anos da súa vida entre 1992 e 1996, vivía nunha residencia en Majadahonda. En setembro de 1992 redacta o seu testamento legando ó concello de Cartaxena, a súa cidade natal, a totalidade da súa obra literaria e a do seu marido. Os mandatarios da escritora, en virtude do poder outorgado pola mesma, formalizan un convenio que regula a doazón deste legado cultural, cuxo texto definitivo se aproba en 1994. Coa misión de velar polo bo funcionamento e cumprimento dos fins da doazón, así como o fomento das personalidades de Carmen Conde e Antonio Oliver e as súas obras, o Concello de Cartaxena comprométese neste Convenio a crear o Padroado Municipal Carmen Conde-Antonio Oliver, que se constitúe en 1995; ese mesmo ano inaugúrase o Museo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]