[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Carassius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Carassius é un xénero de peixes cipriniformes da familia Cyprinidae.[1] Son peixes de auga doce distribuídos orixinalmente no leste de Asia pero que foron introducidos en gran parte de Europa.[2]

Morfoloxía

[editar | editar a fonte]

A lonxitude máxima descrita foi de 64 cm[3], tendo un corpo groso e un pedúnculo caudal curto e groso; algunhas especies presentan brillantes pigmentacións vermellas, alaranxadas ou crema prateadas, polo que adoitan recibir o nome xenérico de «peixes dourados».[4]

Son peixes pertencentes ao bentos que habitan en lagos ricos en vexetación e ríos de augas lentas, de climas entre tépedos a tropicais.[2] Adoitan ser omnívoros, alimentándose de plantas, detritos e pequenos invertebrados.[5] Toleran ben o frío, a contaminación e os baixos niveis de osíxeno na auga, o que os fai idóneos para adornar estanques de parques humanizados.[6]

Algunhas especies son criadas en acuicultura para a súa comercialización como peixes de acuario ou de estanque.[6][7] Poden vivir moito tempo mantidos en catividade, a marca é de 25 anos[8] en grupos de 4 ou máis individuos con tamaño mínimo de acuario de 200 litros.[9]

De acordo con FishBase, comprende as seguintes especies:[10]

De acordo co Rexistro Mundial de Especies Mariñas, só comprende:[11]

De acordo co Sistema Integrado de Información Taxonómica, comprende:[1]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Carassius (TSN 163349)" (en inglés). 
  2. 2,0 2,1 Nelson, J.S. (1994). Fishes of the world (en inglés) (3ª edición ed.). Nova York: John Wiley & Sons, Inc. pp. 600. 
  3. Koli, L., (1990). «Suomen kalat. [Fishes of Finland]» Werner Söderström Osakeyhtiö. Helsinki. 357 pp. (en finés)
  4. Scott, W.B. e E.J. Crossman, (1973). «Freshwater fishes of Canada». Bull. Fish. Res. Board Can. 184:1-966.
  5. Dulmaa, A., (1999). «Fish and fisheries in Mongolia». p. 187-236. En T. Petr (ed.) Fish and fisheries at higher altitudes: Asia. FAO Fish. Tech. Pap. No. 385. FAO, Roma. 304 p.
  6. 6,0 6,1 Vostradovsky, J., (1973). Freshwater fishes. The Hamlyn Publishing Group Limited, Londres. 252 p.
  7. Kottelat, M., A.J. Whitten, S.N. Kartikasari e S. Wirjoatmodjo, (1993). «Freshwater fishes of Western Indonesia and Sulawesi». Periplus Editions, Hong Kong. 221 p.
  8. Skelton, P.H., (1993). «A complete guide to the freshwater fishes of southern Africa». Southern Book Publishers. 388 p.
  9. Bundesministerium für Ernährung, Landwirtschaft und Forsten (BMELF), (1999). Gutachten über Mindestanforderungen an die Haltung von Zierfischen (Süßwasser). Bundesministerium für Ernährung, Landwirtschaft und Forsten (BMELF), Bonn, Alemaña. 16 pp.
  10. "Especies de Carassius". En FishBase. Consultado o 27 de xaneiro de 2017. 
  11. Bailly, Nicolas. "«Carassius Jarocki, 1822»". En Rexistro Mundial de Especies Mariñas. Consultado o 27 de xaneiro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]