Can branco
Aparencia
Can branco | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | White Dog |
Director | Samuel Fuller |
Produtor | Jon Davison |
Guión | Samuel Fuller Curtis Hanson |
Baseado en | Chien Blanc de Romain Gary |
Intérpretes | Kristy McNichol Paul Winfield Burl Ives Jameson Parker Parley Baer |
Música | Ennio Morricone |
Fotografía | Bruce Surtees |
Montaxe | Bernard Gribble |
Estudio | Paramount Pictures |
Distribuidora | Paramount Pictures |
Estrea | 7 de xullo de 1982 12 de novembro de 1982 28 de xuño de 1997 (TVG) |
Duración | 90 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | $7 000 000 (estimado) |
Recadación | $46 509 (só nos USA) |
Na rede | |
Can branco (en inglés: White Dog) é un filme estadounidense de 1982 dirixido por Samuel Fuller. O guión foi escrito por Fuller e Curtis Hanson e está basseado na novela de 1970 Chien Blanc, escrita por Romain Gary. O filme conta os problemas dun adestrador de cans chamado Keys (Paul Winfield), que é afroamericano, que trata de amansar un can da rúa atopado por unha actriz nova (Kristy McNichol). O can é un "white dog", un can adestrado para atacar violentamente, e mesmo matar, a calquera persoa negra.
Fuller emprega o filme como unha plataforma para enviar unha mensaxe antirracista e aborda se o racismo é un problema tratable ou unha condición incurable.
Estreouse en galego o 28 de xuño de 1997 a través da TVG.[1]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Kristy McNichol como Julie Sawyer
- Paul Winfield como Keys
- Burl Ives como Carruthers
- Jameson Parker como Roland Gray
- Dick Miller como adestrador de animais
- Robert Ritchie como adestrador de animais
- Vernon Weddle como veterinario
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 28 de xuño de 1997. Páx. 87
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Can branco na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)