Catedral Nova de Lleida
Catedral Nova de Lleida | |
---|---|
País | España |
Localización | Lleida |
Coordenadas | 41°36′48″N 0°37′23″L / 41.61331667, 0.62295833 |
Diocese | Diocese de Lérida |
Estilo | arquitectura barroca e arquitectura neoclásica |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Catedral Nova de Lleida foi construída entre os anos 1761 e 1781 grazas ás achegas do rei Carlos III, ás achegas económicas dos propios ilerdenses e tamén á do bispo Joaquín Sánchez. Chámase "Nova" porque xa había na cidade de Lleida outra catedral, coñecida como Seu Vella, do século XIII.
A Catedral Nova é de estilo barroco con gran tendencia ao clasicismo academicista francés. Está situada en pleno eixe comercial de Lleida e fronte ao antigo Hospital de Santa María.
As escalinatas que dan acceso ao interior dan a tres portas de ferro de medio punto e torres laterais. Estas escalinatas dan acceso á porta principal onde loce o escudo dos borbóns.
O interior presenta unha planta de tres naves; o coro, obra de Lluís Bonifaç i Massó, de estilo barroco, foi destruído durante a Guerra Civil.
Tamén se venera na Catedral á Virxe do Blau, que segundo conta a lenda, debe o seu nome do "blau" (en catalán morado ou mazadura) ao hematoma que lle deu o escultor ao lanzarlle un martelo que lle pegou na fronte, ao ver que durante unha das súas viaxes, un discípulo seu finalizara sen problemas a escultura, con máis facilidades ca el.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Virxe do Blau
-
Vista interior
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Catedral Nova de Lleida |