[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Copa Italia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Copa de Italia»)
Modelo:Competición deportivaCopa Italia
Editar o valor en Wikidata
Tipocopa nacional de fútbol Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFederação Italiana de Futebol (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Número de participantes78 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísItalia Editar o valor en Wikidata
Vixencia1922 – Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficiallegaseriea.it… Editar o valor en Wikidata

A Copa Italia (en italiano: Coppa Italia), coñecida por motivos de patrocinio como Coppa Italia Frecciarossa,[1] é unha competición de fútbol de Italia. Trátase da máis importante competición italiana en formato de copa, así como da segunda competición nacional máis prestixiosa do país, por detrás do campionato de liga. Está organizado baixo a xurisdición da FIGC. O vixente campión da Copa Italia pode adornar os seus uniformes oficiais, durante os doce meses seguintes á conquista do trofeo, coa escarapela tricolor italiana como símbolo identificativo da vitoria.

A primeira edición do torneo tivo lugar en 1922, e foi a única organizada directamente pola Federación de Fútbol de Italia. A competición reviviuse na tempada 1926/27 (edición que se interrompeu nos oitavos de final), e posteriormente reorganizouse anualmente a partir da tempada 1935/36. Nestes dous períodos o torneo foi organizado polo Directorio de Divisións Superiores . A competición foi de novo interrompida en 1943 debido á segunda guerra mundial, e retomouse en 1958 baixo o amparo da Liga Nacional Profesional ata a edición 2009/10 . Dende entón está organizada pola Lega Serie A.

Ao longo da súa historia, 16 equipos diferentes conseguiron proclamarse campión, sendo o club máis laureado a Juventus, con 14 trofeos (dos cales catro foron consecutivos de 2015 a 2018). Dende 1936, o equipo gañador obtén, ademais do trofeo e os posibles beneficios monetarios, a cualificación para competicións europeas. Dende 2009 o vencedor accede á Europa League.[N 1] Desde 1988, o gañador da Copa disputa ademais a Supercopa italiana contra o vencedor da Serie A.

Década de 1920

[editar | editar a fonte]
O Vado, equipo gañador da primeira edición absoluta da Copa de Italia disputada en 1922.

O nacemento da Copa Italia forma parte dos convulsos acontecementos que trastornaron a organización do fútbol italiano en 1921. Ese ano, un profundo desacordo entre os grandes clubs e a Federación Italiana de Fútbol, relativo á estrutura da máxima liga, levou á secesión dos clubs máis importantes nunha liga independente, a Confederación Italiana de Fútbol.

Atopándose cun torneo practicamente baleiro a nivel técnico, a Federación de Fútbol decidiu concretar a tempada competitiva 1921/22 propoñendo unha nova competición, paralela ao campionato e con eliminación directa: foi así como o 2 de abril de 1922 se disputaron os primeiros partidos da nova copa nacional. Porén, se a falta de interese provocada pola participación de débiles e maiormente descoñecidos clubs non xerase xa suficientes problemas no campionato, para a estrea da Copa de Italia o interese do público resultou case nulo. Isto, sumado ao complicado mecanismo de repescas e ás continuas retiradas fixeron que trala a vitoria do Vado, formación de segunda categoría, sobre o Udinese na prórroga, o novo evento non atopase espazo nas reformas que no verán de 1922 arranxaron o cisma do fútbol italiano.

Catro anos despois, na tempada 1926/27 tentouse de novo a realización do torneo, pero acabou interrompido aos poucos días, por falta de datas dispoñibles. Mentres, entre as décadas de 1920 e 1930 proliferaron na península diversas competicións menores, como a Copa CONI, a Copa Arpinati e a Copa da Italia Central, que con todo, carecían do carácter "nacional" da Copa Italia.

Década de 1930

[editar | editar a fonte]
Os xogadores do Genoa posan co trofeo que gañaron na edición 1936/37.

Non foi ata 1935, cando coa redución de equipos na máxima categoría a 16 e o consecuente maior espazo no calendario, puido retomarse a Copa Italia de xeito estable e continuado. O regulamento seguiu o modelo da Copa Inglesa: todos os partidos disputáronse a partido único nun campo designado por sorteo e en caso de empate despois do tempo adicional, estableceuse a repetición do partido no campo contrario.

Todos os clubs da Serie A, Serie B e Serie C tiñan acceso á competición, cos de primeira división entrando directamente no cadro principal, mentres que os demais debían disputar previamente unha serie de eliminatorias. O cadro principal incluía cinco roldas a partir dos dezaseisavos de final. En canto á final, inicialmente tentouse levar adiante a idea dun campo neutral que cambiase cada ano, así como unha sede fixa na capital de Italia, Roma. Con todo, pronto se volveu cara á fórmula de dobre partido nos dous campos dos finalistas. O gañador da Copa Italia tamén recibía o dereito a participar na Copa de Europa Central ao ano seguinte.

O primeiro vencedor do torneo renovado foi o Torino, que venceu ao Alessandria na final do estadio Luigi Ferraris de Xénova o 11 de xuño de 1936. Durante os seguintes anos, o título foi parar aos clubs máis importantes da época: Genoa, Fiorentina, Ambrosiana-Inter e Juventus. Destacou o triunfo da Juventus na tempada 1937/38, nunha final que, por primeira vez na historia da copa, viu un derbi, o de Turín.

Década de 1940

[editar | editar a fonte]
O Venezia campión da edición 1940/41.

Na edición 1940/41 causou sensación o éxito do Venezia, un equipo historicamente afastado do fútbol de máximo nivel, que con todo, naqueles anos contaba con xogadores destinados a converterse en estrelas consolidadas en pouco tempo, sobre todo Ezio Loik e Valentino Mazzola. Estes dous foron dous dos piares nos seguintes anos do Grande Torino, que na tempada 1942/43 conquistou a Copa e tamén a Serie A, converténdose así no primeiro club en gañar os dous grandes trofeos nacionais nunha mesma campaña. Na anterior edición, os seus rivais da Juventus, tras vencer na final ao Milan, foron os primeiros en gañar a Copa Italia por segunda vez.

O drama da segunda guerra mundial interrompeu a breve historia da competición, e despois da guerra a expansión da Serie A ata 20 equipos deixou sen espazo á copa nacional. Na primeira tempada de posguerra (1945/46), ao non se organizar un campionato de grupo único de carácter nacional, os equipos do norte excluídos da fase final disputaron a Coppa Alta Italia, gañada polo Bologna.

Década de 1950

[editar | editar a fonte]

A competición non se volveu disputar ata 1958, cando a Lazio superou á Fiorentina na final. Organizado pola Lega Nazionale Professionisti, viuse resucitada grazas ao emerxente proxecto dunha nova competición europea, a futura Recopa de Europa, que se anunciou estruturada como a xa existente Copa de Europa, pero para equipos campións das copas nacionais.

O final da tempada 1957/58 da Serie A adiantouse a varias semanas antes do habitual, debido á disputa do Mundial de Suecia no verán. Con todo, finalmente a selección italiana non conseguiu a clasificación para o certame, polo que se decidiu comezar a disputa da edición 1958/59 da Coppa Italia antes do previsto, antes incluso de que se disputase a final da edición anterior.

O Torino que conquistou a Copa e a liga na tempada 1942/43.

A tradicional escarapela tricolor, símbolo da vitoria na Copa, foi utilizada por primeira vez pola Lazio tralo seu triunfo de 1958, e desde entón adoptada oficialmente pola Lega. Na edición 1959/60 gañada pola Juventus, debutou o trofeo da Copa Italia que aínda está hoxe en uso, en ouro e decorado na base con esmaltes tricolores que lembran as cores da bandeira nacional.[2]

A Recopa de Europa viu oficialmente a luz na tempada 1960/61, e foi fundamentalmente o único motivo do renacemento da Copa Italia. Esta necesidade quedou reflectida no esquema de competición, estruturado de xeito que se desenvolvese da forma máis rápida e menos complexa posible. Excluíronse os equipos da Serie C e todas as roldas pasaron a ser a partido único, e unha serie de grellas eliminatorias permitían a entrada dos grandes equipos nunha fase xa moi avanzada.

Na década de 1960 inscribiron o seu nome no palmarés do torneo importantes clubs como a Roma e o Milan entraron na lista de honra da copa, intercalados co sorprendente Atalanta, vitorioso en 1963. Tamén logrou a fazaña o Napoli, que na tempada 1961/62 converteuse no segundo e ata agora último equipo en gañar a Copa sen estar militando na máxima categoría do fútbol italiano.

A partir da edición 1967/68 suprimiuse a final a dobre partido que levaba utilizándose dende os inicios do torneo, pasando os catro equipos semifinalistas a enfrontarse nun grupo final, do que se proclamaría vencedor o que máis puntos obtivese nos enfrontamentos entre eles nun sistema de liga.

Para relanzar a competición e atraer público aos estadios, a FIGC decidiu na campaña seguinte substituír todas as eliminatorias, excepto os cuartos de final, por unha serie de grupos, aproveitando a redución de equipos da Serie A a 16 e o maior espazo no calendario.

Os xogadores da Fiorentina levantando a súa segunda Copa Italia na tempada 1960/61.

Na edición 1970/71 o Torino e o Milan acabaron empatados a puntos no grupo final, sendo necesario un partido de desempate en campo neutral para a decisión do título, que ademais se resolveu por primeira vez cunha quenda de penaltis. Isto levou aos organizadores a retomar a tradicional final única xa na seguinte tempada, a 1971/72 .

Dende entón e durante case toda a década mantívose o mesmo sistema de competición. Nunha primeira fase formábanse sete grupos de cinco equipos cada un, con partidos só de ida. Os sete vencedores dos sete grupos pasaban a unha segunda rolda, na que se sumaba o vixente campión de Copa, e repartíanse en dous novos grupos de catro equipos cada un.

Os dous primeiros clasificados de cada grupo enfrontábanse entón na restaurada final única, esta vez cunha sede fixa no estadio olímpico de Roma e en presenza do presidente da República. A sede fixa en Roma mantívose ata a edición de 1979/80, coas excepcións das tempadas 1976/77 e 1978/79, disputadas en San Siro e no estadio San Paolo respectivamente.

O equipo con máis títulos dos anos 70 foi o Milan, que conseguiu coser a escarapela no peito en tres ocasións das cinco finais que disputou, a última delas nun derbi de Milán contra o Inter. O derbi reeditouse na final da seguinte edición, sendo esta vez o título para o equipo nerazzurro, que cortou así unha seca de 39 anos sen éxitos na Copa. O Bologna saíu triunfante dúas veces durante a década, mentres que un sorprendente Palermo conseguiu xogar dúas finais, a pesar de militar na Serie B.

Década de 1980

[editar | editar a fonte]

O éxito cada vez maior das competicións europeas levou aos organizadores da Copa Italia a repensar unha vez máis o formato, introducindo roldas eliminatorias coa regra do gol en campo contrario. O cambio aplicouse en 1979, cando se disputaron con este método os cuartos de final e as semifinais, e estendeuse á final dous anos despois, e aos oitavos de final en 1982, xunto coa readmisión dos clubs da Serie C1.

A partir da edición 1980/81 a final disputouse a ida e volta, con prórroga e quenda de penaltis en caso de empate, sistema que se mantivo sen cambios ata a edición 2006/07.

Coa década de 1980 chegou a hexemonía deportiva da Roma e da Sampdoria, que levantaron o trofeo en catro e tres ocasións respectivamente. Co triunfo na edición 1987/88, o equipo xenovés foi tamén o primeiro en conseguir, xunto coa clasificación europea, tamén o acceso a unha nova competición nacional, a Supercopa italiana, que desde 1988 enfronta aos gañadores do campionato da Serie A cos da Copa Italia.[3]

Década de 1990

[editar | editar a fonte]
Os xogadores do Vicenza festexando o título da edición 1996/97.

Nos anos 90 elimináronse as fases de grupos, disputándose o torneo integramente en eliminatorias. Na tempada 1991/92 produciuse o primeiro éxito absoluto do Parma, que nesta década viviu un meteórico ascenso á elite do fútbol nacional e europeo, seguido doce meses despois polo último grande éxito do Torino, despois de máis de vinte anos. A edición 1993/94 foi a última en ver ter como finalista a un club da Serie B, o Ancona.

A mediados da década foi a Fiorentina quen interrompeu un xaxún de vinte anos, mentres que aínda máis relevante foi o retorno ao palmarés da Lazio na edición 1997/98, rompendo unha xeira de 40 anos sen vencer o título. Un ano antes, o modesto Vicenza logrou o seu primeiro e único título.

Década de 2000

[editar | editar a fonte]

A supresión da Recopa de Europa en 1999, e a ampliación de equipos na Liga de Campións, quitáronlle a principal razón de ser e espazo á Copa Italia, que, ademais, non sacaba demasiado proveito do aliciente da praza para a Copa da UEFA que se lle adxudicaba ao gañador do torneo, xa que este obxectivo podía acadarse máis facilmente a través do campionato de liga.

Á perda de interese pola Copa acompañouna un novo cambio de formato, coa inclusión de novo dunha fase de grupos.

O Inter de Milán celebrando a conquista da súa quinta Copa Italia en 2006.

Durante estes anos o torneo entrou en constante declive. A partir do ano 2005 introduciuse unha novidade ao estruturar as fases previas aos oitavos de final en eliminatorias a partido único, participando nelas os 12 clubs de Serie A non clasificados para competicións europeas, e todos os de Serie B e Serie C. Con todo, tampouco estas novidades conseguiron atraer de novo grandes masas aos estadios, nos que os equipos adoitaban aliñar os seus xogadores suplentes.

Porén, outro cambio normativo, posto en marcha en 2007 con motivo da sexaxésima edición do torneo, coa redución de equipos só aos clubs da Serie A e B, así como a reintrodución da final a partido único nunha sede permanente (o Olímpico de Roma), parecía revitalizar o torneo. En 2008 produciuse un novo cambio organizativo, que volveu estender a competición aos equipos das ligas menores, establecéndose o sistema de partido único en tódalas fases excepto as semifinais, disputadas dende entón a ida e volta.

Os anos 2000 caracterizáronse polos dous títulos da Lazio, e sobre todo polos acalorados duelos entre o Inter e a Roma: dito enfrontamento repetiuse en cinco finais, catro delas consecutivas, gañando tres títulos o equipo nerazzurro e dous o giallorosso.

Década de 2010

[editar | editar a fonte]

A primeira metade da década de 2010, que comezou cun novo triunfo do Inter para selar as glorias da última década, viu o regreso ao éxito de dous clubs que levaban moito tempo sen triunfar na Copa Italia. Na edición 2011/12, o Napoli volveu alzar o trofeo 25 anos despois da última vez,[4] mentres que na tempada 2014/15 foi a Juventus quen puxo fin a un período de 20 anos sen conseguilo, converténdose no primeiro equipo en acadar as dúas cifras no palmarés do torneo.[5] A Juve acabou dominando a Copa na segunda metade da década, cun récord de catro títulos consecutivas de seis finais.[6] Antes, na edición 2012/13 o título decidiuse por primeira vez cun derbi de Roma na final, sendo a Lazio quen coseu a escarapela no peito.[7]

A década rematou coa edición 2019/20, que, debido a unha parada forzada por mor da pandemia de COVID-19, viu modificada o seu formato, rematando co terceiro éxito napolitano da década.

Década de 2020

[editar | editar a fonte]
A Lazio coa súa quinta Copa Italia, gañada na campaña 2008/09.

A década de 2020 comezou coa Juventus reforzando o seu liderado no número de títulos na edición 2020/21 .

Para a tempada seguinte, o número de equipos participantes reduciuse de 78 a 44 tras un novo cambio de formato da competición, reservando a participación na copa nacional só aos equipos da Serie A e B, ademais de catro da Serie C.[8] O Inter logrou o seu oitavo título, volvendo coser a escarapela despois de once anos.

O equipo vencedor do trofeo consegue, para a tempada seguinte, a clasificación para a fase de grupos da Europa League. Se o equipo triunfante xa obtivese a clasificación para a Liga de Campións, accederá a Europa League o equipo clasificado inicialmente para a Conference League.

A partir da tempada 2021/22, o torneo estrutúrase do seguinte xeito:[8]

  • Participan 20 equipos da Serie A, 20 equipos da Serie B e 4 equipos da Serie C.
  • A cada club asígnaselle un número de clasificación do seguinte xeito:
    • O número 1 para o gañador da edición anterior da Coppa Italia.
    • Os números 2-8 para os 8 primeiros clasificados na tempada anterior da Serie (excluíndo ao vixente campión da Copa).
    • Os números 9-20 para os equipos clasificados do 9º ao 17º posto na tempada anterior da Serie A e para os tres equipos que ascenderon á Serie A na tempada anterior.
    • Os números 21-24 para os tres equipos que descenderon á Serie B na tempada anterior e o perdedor da final do play-off da Serie B na tempada anterior.
    • Os números 25-36 para os equipos clasificados do 4º ao 15º posto na tempada anterior da Serie B (excluíndo aos finalistas do play-off) e o gañador da final do play-off da Serie B na tempada anterior.
    • Os números 37-40 para os tres equipos ascendidos á Serie B na tempada anterior e para o gañador da final do play-off da Serie C na tempada anterior.
    • Os números 41-43 para os tres equipos clasificados na segunda praza en cada un dos grupos da Serie C da tempada anterior.
    • O número 44 para o campión da Copa Italia Serie C da tempada anterior.
  • Na rolda preliminar enfróntanse a partido único os equipos clasificados da 44ª á 37ª posición, actuando como locais os catro peor clasificados. A partir dos 1/32 de final entran en xogo os 28 equipos clasificados do posto 36 ao 9, actuando como local o equipo peor clasificado. Os 8 equipos restantes, cabeza de serie, debutan nos oitavos de final. As semifinais dispútanse en formato de ida e volta.
  • Dende a tempada 2007/08 a final dispútase a partido único no Estadio Olímpico de Roma, coa presenza do Presidente da República, que entrega o trofeo ao final do partido. En caso de non asistir este, realiza a tarefa o presidente do Senado.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
O primeiro trofeo da Copa Italia (1922).

O trofeo orixinal da primeira edición da Copa Italia, gañado en 1922 polo Vado, foi destruído durante o período fascista, polo que a FIGC realizou unha réplica en 1992, con motivo do 70º aniversario da Copa. Está exposto na sede da Cassa di Risparmio di Savona en Vado Ligure. Do mesmo xeito que esta, a copa que se puxo en xogo de 1936 a 1943, así como as de 1958 e 1959, eran dun estilo moi diferente á versión actual.[9]

Aínda que a competición xa se retomara con carácter definitivo un par de anos antes, non foi ata 1960, máis precisamente o 30 de maio, cando a Lega Nazionale Professionisti, de cara á final da duodécima edición, decidiu encargar o trofeo actual. Fabricado en ouro puro, a nova copa, cuxa realización foi encomendada a unha empresa milanesa, tiña no seu momento un valor de dous millóns e medio de liras.Modelo:Doppia immagine verticaleDesde entón, o trofeo orixinal entrégaselle durante un ano ao equipo vencedor, que o debe devolver a continuación á Lega, recibindo a cambio unha réplica de menor valor (primeiro feita en imitación de ouro, e máis tarde en prata) para conservar nas súas vitrinas.[10]

Desde a tempada 1963/64, a Lega tamén entregou a Copa Renato Dall'Ara, creada para conmemorar a memoria do presidente do Bologna Renato Dall'Ara, falecido en 1964. O trofeo era outorgado sempre ao equipo vencedor da Copa no terreo de xogo durante a entrega de premios, pero co paso do tempo foise perdendo este costume, ata que o trofeo foi suprimido trala décima entrega á Juventus en 2021.

Para a edición 2010/11 a Lega Serie A e o Ministerio de Defensa de Italia chegaron a un acordo para lle dar á competición o nome do 150º aniversario do Risorgimento.[11] Deste xeito, o equipo vencedor (o Inter de Milán) recibiu tres trofeos: ademais da Copa Italia e da Copa Dall'Ara, o equipo nerazzurro tamén recibiu a Copa do do 150º aniversario da Unificación de Italia.[12]

Escarapela

[editar | editar a fonte]

Ademais de recibir o trofeo, o vixente campión da Copa Italia tamén pode lucir nos seus uniformes oficiais, durante os doce meses seguintes á conquista do título, unha pequena escarapela tricolor como símbolo da vitoria, dun xeito moi semellante ao que ocorre co scudetto para os equipos campións de liga.[13][14]

A escarapela tricolor na camiseta de Gianni Rivera.

A escarapela, cosida por primeira vez na tempada 1958/59 nas camisetas da Lazio que gañara a anterior edición da copa, consistía inicialmente nun círculo exterior de cor vermella, outro intermedio en branco e un interior en verde. Este formato utilizouse ata a tempada 1984/85. A partir do ano seguinte, usouse o modelo co círculo exterior verde, o intermedio branco e o interior vermello. A escarapela co exterior vermello reapareceu temporalmente nas camisetas da Sampdoria da tempada 1988/89, e da Juve nos primeiros partidos da tempada 1990/91. Finalmente, a partir da tempada 2006/07, restableceuse definitivamente a tipoloxía orixinal.

Antes da concepción da escarapela, durante o período de entreguerras, o equipo gañador da Copa de Italia xa tiña dereito a lucir no peito un distintivo do título conseguido. Esta non era, con todo, a escarapela que se comezou a usar décadas máis tarde, senón un pequeno escudo englobando no seu interior uns fasces (debido ao réxime fascista imperante naquela época no Reino de Italia). Este distintivo usouse entre as edicións de 1935/36 e 1942/43.[15]

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Campións por edición

[editar | editar a fonte]
Tempada Campión Subcampión Resultado Sede da final
1922 Vado Udinese 1-0 Campo de Leo
Non se disputou (1922-1926)
1926/27 Non chegou a completarse
Non se disputou (1927-1935)
1935/36 Torino Alessandria 5-1 Luigi Ferraris
1936/37 Genoa Roma 1-0 Comunale Giovanni Berta
1937/38 Juventus Torino 3-1, 2-1 Final a ida e volta
1938/39 Inter de Milán Novara 2-1 Stadio Nazionale
1939/40 Fiorentina Genoa 1-0 Giovanni Berta
1940/41 Venezia Roma 3-3, 1-0 Final a ida e volta
1941/42 Juventus Milan 1-1, 4-1 Final a ida e volta
1942/43 Torino Venezia 4-0 San Siro
Non se disputou (1943-1958)
1958 Lazio Fiorentina 1-0 Estadio Olímpico
1958/59 Juventus Inter de Milán 4-1 San Siro
1959/60 Juventus Fiorentina 3-2 (pro.) San Siro
1960/61 Fiorentina Lazio 2-0 Comunale de Florencia
1961/62 Napoli SPAL 2-1 Estadio Olímpico
1962/63 Atalanta Torino 3-1 San Siro
1963/64 Roma Torino 1-0 Comunale de Turín
1964/65 Juventus Inter de Milán 1-0 Estadio Olímpico
1965/66 Fiorentina Catanzaro 2-1 (pro.) Estadio Olímpico
1966/67 Milan Padova 1-0 Estadio Olímpico
1967/68 Torino Milan Grupo final
1968/69 Roma Cagliari Grupo final
1969/70 Bologna Torino Grupo final
1970/71 Torino Milan Grupo final
1971/72 Milan Napoli 2-0 Estadio Olímpico
1972/73 Milan Juventus 1-1 (pen: 6-3) Estadio Olímpico
1973/74 Bologna Palermo 1-1 (pen: 5-4) Estadio Olímpico
1974/75 Fiorentina Milan 3-2 Estadio Olímpico
1975/76 Napoli Verona 4-0 Estadio Olímpico
1976/77 Milan Inter de Milán 2-0 San Siro
1977/78 Inter de Milán Napoli 2-1 Estadio Olímpico
1978/79 Juventus Palermo 2-1 (pro.) Estadio Olímpico
1979/80 Roma Torino 0-0 (pen: 3-2) Estadio Olímpico
1980/81 Roma Torino 1-1, 1-1 (pen: 5-3) Final a ida e volta
1981/82 Inter de Milán Torino 1-0, 1-1 Final a ida e volta
1982/83 Juventus Verona 0-2, 3-0 (pro.) Final a ida e volta
1983/84 Roma Verona 1-1, 1-0 Final a ida e volta
1984/85 Sampdoria Milan 1-0, 2-1 Final a ida e volta
1985/86 Roma Sampdoria 1-2, 2-0 Final a ida e volta
1986/87 Napoli Atalanta 3-0, 1-0 Final a ida e volta
1987/88 Sampdoria Torino 2-0, 1-2 (pro.) Final a ida e volta
1988/89 Sampdoria Napoli 0-1, 4-0 Final a ida e volta
1989/90 Juventus Milan 0-0, 1-0 Final a ida e volta
1990/91 Roma Sampdoria 3-1, 1-1 Final a ida e volta
1991/92 Parma Juventus 0-1, 2-0 Final a ida e volta
1992/93 Torino Roma 3-0, 2-5 Final a ida e volta
1993/94 Sampdoria Ancona 0-0, 6-1 Final a ida e volta
1994/95 Juventus Parma 1-0, 2-0 Final a ida e volta
1995/96 Fiorentina Atalanta 1-0, 2-0 Final a ida e volta
1996/97 Vicenza Napoli 0-1, 3-0 (pro.) Final a ida e volta
1997/98 Lazio Milan 0-1, 3-1 Final a ida e volta
1998/99 Parma Fiorentina 1-1, 2-2 Final a ida e volta
1999/00 Lazio Inter de Milán 2-1, 0-0 Final a ida e volta
2000/01 Fiorentina Parma 1-0, 1-1 Final a ida e volta
2001/02 Parma Juventus 1-2, 1-0 Final a ida e volta
2002/03 Milan Roma 4-1, 2-2 Final a ida e volta
2003/04 Lazio Juventus 2-0, 2-2 Final a ida e volta
2004/05 Inter de Milán Roma 2-0, 1-0 Final a ida e volta
2005/06 Inter de Milán Roma 1-1, 3-1 Final a ida e volta
2006/07 Roma Inter de Milán 6-2, 1-2 Final a ida e volta
2007/08 Roma Inter de Milán 2-1 Estadio Olímpico
2008/09 Lazio Sampdoria 1-1 (pen: 6-5) Estadio Olímpico
2009/10 Inter de Milán Roma 1-0 Estadio Olímpico
2010/11 Inter de Milán Palermo 3-1 Estadio Olímpico
2011/12 Napoli Juventus 2-0 Estadio Olímpico
2012/13 Lazio Roma 1-0 Estadio Olímpico
2013/14 Napoli Fiorentina 3-1 Estadio Olímpico
2014/15 Juventus Lazio 2-1 (pro.) Estadio Olímpico
2015/16 Juventus Milan 1-0 (pro.) Estadio Olímpico
2016/17 Juventus Lazio 2-0 Estadio Olímpico
2017/18 Juventus Milan 4-0 Estadio Olímpico
2018/19 Lazio Atalanta 2-0 Estadio Olímpico
2019/20 Napoli Juventus 0-0 (pen: 4-2) Estadio Olímpico
2020/21 Juventus Atalanta 2-1 Mapei Stadium
2021/22 Inter de Milán Juventus 4-2 (pro.) Estadio Olímpico

Títulos por equipo

[editar | editar a fonte]
Club Títulos Subcampión Anos campión Anos subcampión
Juventus 14 7 1938, 1942, 1959, 1960, 1965, 1979, 1983, 1990, 1995, 2015, 2016, 2017, 2018, 2021 1973, 1992, 2002, 2004, 2012, 2020, 2022
Roma 9 8 1964, 1969, 1980, 1981, 1984, 1986, 1991, 2007, 2008 1937, 1941, 1993, 2003, 2005, 2006, 2010, 2013
Inter de Milán 8 6 1939, 1978, 1982, 2005, 2006, 2010, 2011, 2022 1959, 1965, 1977, 2000, 2007, 2008
Lazio 7 3 1958, 1998, 2000, 2004, 2009, 2013, 2019 1961, 2015, 2017
Fiorentina 6 4 1940, 1961, 1966, 1975, 1996, 2001 1958, 1960, 1999, 2014
Napoli 6 4 1962, 1976, 1987, 2012, 2014, 2020 1972, 1978, 1989, 1997
Milan 5 9 1967, 1972, 1973, 1977, 2003 1942, 1968, 1971, 1975, 1985, 1990, 1998, 2016, 2018
Torino 5 8 1936, 1943, 1968, 1971, 1993 1938, 1963, 1964, 1970, 1980, 1981, 1982, 1988
Sampdoria 4 3 1985, 1988, 1989, 1994 1986, 1991, 2009
Parma 3 2 1992, 1999, 2002 1995, 2001
Bologna 2 1970, 1974
Atalanta 1 4 1963 1987, 1996, 2019, 2021
Genoa 1 1 1937 1940
Venezia 1 1 1941 1943
Vado 1 1922
Vicenza 1 1997
Palermo 3 1974, 1979, 2011
Verona 3 1976, 1983, 1984
Udinese 1 1922
Alessandria 1 1936
Novara 1 1939
SPAL 1 1962
Catanzaro 1 1966
Padova 1 1967
Cagliari 1 1969
Ancona 1 1994

Estatísticas individuais

[editar | editar a fonte]

Xogadores con máis partidos

[editar | editar a fonte]
Pos Xogador Partidos
1 Italia Roberto Mancini 120
2 Italia Giuseppe Bergomi 119
3 Italia Pietro Vierchowod 116
4 Italia Franco Causio 113
5 Italia Giovanni Galli 112
6 Italia Dino Zoff 110
7 Italia Ivano Bordon 102
Italia Fausto Salsano 102
9 Italia Giuseppe Bruscolotti 100
Italia Gaetano Scirea 100

Máximos goleadores

[editar | editar a fonte]
Pos Xogador Goles
1 Italia Alessandro Altobelli 56
2 Italia Roberto Boninsegna 48
3 Italia Giuseppe Savoldi 47
4 Italia Gianluca Vialli 42
5 Italia Pietro Anastasi 37
Italia Paolo Pulici 37
7 Italia Roberto Baggio 36
8 Italia Gigi Riva 33
9 Italia Roberto Mancini 32
10 Italia Roberto Pruzzo 30

Xogadores con máis títulos

[editar | editar a fonte]
Pos Xogador Títulos
1 Italia Gianluigi Buffon 6
Italia Roberto Mancini 6
3 Italia Romeo Benetti 5
Italia Giorgio Chiellini 5
Italia Bruno Conti 5
Italia Giuseppe Favalli 5
Suíza Stephan Lichtsteiner 5
Macedonia do Norte Goran Pandev 5
Italia Fausto Salsano 5
Dejan Stanković 5
Italia Francesco Toldo 5
  1. No pasado o vencedor da Copa accedía a outras competicións europeas. Así, entre as tempadas 1935/36 e 1942/43 a Copa Italia daba acceso á Copa Mitropa, entre as edicións de 1960/61 e 1997/98 garantía un posto na Recopa de Europa, e trala supresión desta última competición, a partir da edición 1998/99 o club vencedor da copa italiana clasifícase para a Copa da UEFA, denominada Europa League dende 2009.
  1. "Comunicato stampa n. 1 del 7 luglio 2022" (PDF). legaseriea.it (en italiano). 7 de xullo de 2022. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xullo de 2022. Consultado o 6 de outubro de 2022. 
  2. "Copia arquivada". 15 settembre 1960. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2013. Consultado o 06 de outubro de 2022.  O valor |dead-url=sì é incorrecto (Axuda)
  3. "Supercoppa Italiana, Berlusconi e Mantovani "picciotti onorari"" (en italiano). 8 de agosto de 2009. Consultado o 6 de outubro de 2022. 
  4. Mallucci, Mattia (20 de maio de 2012). "La Coppa Italia è del Napoli. Battuta la Juve in finale" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2015. Consultado o 6 de outubro de 2022. 
  5. "Juve infinita, vince la 10ª Coppa Italia: Matri piega la Lazio ai supplementari". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 20 de maio de 2015. Consultado o 6 de outubro de 2022. 
  6. Mazzitelli, Massimo (9 de maio de 2018). "Juventus-Milan 4-0, i bianconeri conquistano la quarta Coppa Italia consecutiva: notte da incubo per Donnarumma". la Repubblica (en italiano). Consultado o 6 de outubro de 2022. 
  7. Manfredi, Jacopo (26 de maio de 2013). "Coppa Italia, Roma-Lazio 0-1: Lulic regala il sesto trofeo ai biancocelesti". la Repubblica (en italiano). Consultado o 6 de outubro de 2022. 
  8. 8,0 8,1 "Regolamento Coppa Italia 2021/2022 – 2022/2023 – 2023/2024" (PDF) (en italiano). 29 de xullo de 2022. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de agosto de 2022. Consultado o 6 de outubro de 2022. 
  9. "Le caratteristiche del Trofeo d'oro della Coppa Italia". Corriere della Sera (en italiano). 13 de setembro de 1960. p. 4. 
  10. "Sarà d'oro la Coppa Italia". Corriere dello Sport (en italiano). 31 de maio de 1960. p. 4. 
  11. "SCHEDA “Coppa Italia del 150° e Giro d’Italia”" (PDF). Goberno da Republica Italiana (en italiano). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de marzo de 2011. Consultado o 6 de outubro de 2022. 
  12. "Coppa del 150° anniversario dell’Unità d’Italia" (en italiano). 29 de maio de 2011. Consultado o 6 de outubro de 2022. 
  13. "Che cosa si attacca sulla maglia alla decima coppa italia vinta ?". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 20 de abril de 2002. Consultado o 6 de outubro de 2022. 
  14. Crosetti, Maurizio (20 de xaneiro de 2014). "La stella d'argento". la Repubblica (en italiano). Consultado o 6 de outubro de 2022. 
  15. (Calzaretta & pp. 28-29).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]