Convento Asturicense
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O Convento Asturicense[1] (en latín: Conventus Asturicensis), foi unha entidade administrativa romana sita no Noroeste de Península Ibérica. O seu nome deriva da súa capitalidade, Asturica Augusta (Astorga), a cidade máis importante do convento e que rexia económica e administrativamente todo o territorio. Tiña como lindes o curso do río Douro polo sur -que marcaba a raia coa Lusitania-, polo norte o propio mar Cantábrico entre os ríos Navia e Sella.Na cara occidental, lindaba co Convento Lucense nos Ancares ata O Courel, e na Serra de Tras-os-Montes (Portugal) co Conventus Bracarense. Polo leste, lindaba co Convento Cluniense, que orixinalmente formaba parte da provincia Tarraconense e que finalmente acabaría por integrarse na Gallaecia antes do século V. Foi o territorio orixinario dos ástures.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definición de lugones no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.