Confederación Xermánica
Deutscher Bund (de) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Frankfurt | ||||
Contén a división administrativa | Anhalt-Bernburg (pt) (1815–1866) Anhalt-Dessau (pt) (1815–1866) Anhalt-Köthen (pt) (1815–1866) ../... 45+ | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 29.200.000 (1815) (46,34 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua alemá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 630.100 km² | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 10 de xuño de 1815: causado por German Confederation Constitution | ||||
Disolución | 24 de agosto de 1866 | ||||
Sucedido por | Confederación Alemá do Norte, Reino de Baviera, Reino de Württemberg, Grão-ducado de Baden (pt) , Gran Ducado de Hesse, Luxemburgo, Liechtenstein e Império Alemão (1848–1849) (pt) | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | Confederación monarquía dual | ||||
Moeda | Reichstaler | ||||
A Confederación Xermánica ou Confederación Alemá (en alemán, Deutscher Bund) foi unha unión estabelecida en 1815 polo Congreso de Viena que agrupou 39 estados alemáns nunha confederación de estados soberanos baixo a presidencia da Casa de Austria. Sucedeu a Confederación do Rin, creada en 1806 por Napoleón I en substitución do Sacro Imperio Romano Xermánico.
Funcionamento
[editar | editar a fonte]Creada para manter a seguridade dos múltiples pequenos estados do desaparecido Sacro Imperio Romano Xermánico, a Confederación non supuña ningunha concesión ao crecente nacionalismo alemán, por non ser este do agrado de Viena. A Dieta, que non era un parlamento de representantes elixidos polo pobo senón un congreso de legados con sede en Frankfurt, foi a súa única entidade central, aínda que en 1834 estabeleceuse a Unión Aduaneira de Alemaña (Zollverein) e, con iso, creouse un mercado interno unitario para a meirande parte de estados.
A Revolución de 1848 tivo gran resonancia en Alemaña. En marzo producíronse en todos os Estados da Confederación alzamentos populares que obrigaron aos príncipes a facer concesións, que levaron ao rexurdimento dos primeiros parlamentos verdadeiramente representativos. A Confederación só funcionaba cando coincidían as posicións de Austria e Prusia, cuxa confrontación finalmente conduciu á Guerra das Sete Semanas. Tras o triunfo prusiano, a Confederación Xermánica quedou disolta e foi substituída no ano 1867 pola Federación Alemá do Norte, dominada por Prusia, que serviu de preámbulo ao gran Imperio Alemán.
Estados membros
[editar | editar a fonte]Legado territorial
[editar | editar a fonte]Os actuais estados cuxo territorio formou parte da Confederación Xermánica (1815 - 1866), xa sexa enteiramente ou unha parte deles son:
- Alemaña (tódolos estados)
- Austria (tódolos estados excepto Burgenland)
- Luxemburgo (todo o territorio)
- Liechtenstein (todo o territorio)
- Países Baixos (a provincia de Limburgo uniuse á Confederación despois de 1839)
- Chequia (todo o territorio)
- Eslovenia (excepto Prekmurje e os concellos de Koper, Izola e Piran)
- Polonia (as rexións de Pomerania Occidental, Lebus, Baixa Silesia, Opole e parte de Silesia).
- Bélxica (A Comunidade Xermanófona e algún outro territorio do leste da provincia de Liexa); a provincia máis grande de Luxemburgo abandonou a confederación na súa adhesión a Bélxica en 1839.
- Italia (a rexión autónoma de Trentino-Tirol do Sur, a Provincia de Trieste, a maioría da Provincia de Gorizia excepto o enclave de Monfalcone, e as municipalidades de Tarvisio, Malborghetto Valbruna, Pontebba, Aquileia, Fiumicello e Cervignano na Provincia de Udine)
- Croacia (o territorio de Pazin no Condado de Istria e a franxa costeira entre Opatija e Plomin na rexión de Liburnia)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Confederación Xermánica |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A Acta da Confederación Xermánica de Arquivado 13 de abril de 2020 en Wayback Machine.