[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Coco (folclore)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O coco é un ser mítico, unha especie de fantasma, meiga ou monstro co que se asusta nenos. Aínda que non ten unha aparencia definida, este ser tiña unha representación figurada: a súa cabeza era unha especie de cabaza da que saía luz ou lume. A representación do coco adoitábase facer mediante unha cabaza con tres ou catro buratos cos que se imitaban os ollos, o nariz e a boca. Unha vez baleirada a cabaza, procedíase a colocar unha luz dentro e deixábase durante a noite nun lugar escuro para arredar ós nenos e outras persoas que por alí pasaran[1].

O coco é un ser masculino e o seu equivalente feminino é a coca, aínda que ámbolos dous sexan, ó cabo, aspectos do mesmo ser. É doado que se produzan confusións, xa que ningún dos dous ten unha forma definida e ás veces tómase a un polo outro.

Que Viene el Coco, (1799) de Goya

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O mito do Coco ten a súa orixe en Portugal. Segundo o dicionario da Real Academia Española[2], "o coco" (tamén chamado "o cuco" en América Latina) ten orixe na pantasma portuguesa: “(Do portugés. côco, pantasma que leva unha cabaza baleira, a modo de cabeza). Pantasma con que se mete medo ós nenos[3]. A palabra coco é usada na linguaxe coloquial para referirse á cabeza humana en portugués e español.[4] Coco tamén significa cranio.[5] A palabra "cocuruto" en portugués significa a coroa da cabeza e o lugar máis alto.[6] "Gogo" en éuscaro significa espírito.[7][8] En Galiza "crouca" significa cabeza,[9] deriva do proto-celta *krowkā-,[10] e ten a variante "croca";[11] e coco ou coca tamén significan cabeza.[12] Son conatos o córnico "crogen"[13], o bretón "krogen ar penn"[14][15] e o irlandés "clocan"[16], palabras todas elas que significan cranio.

Na mitoloxía galaico-lusitana, Crouga (do proto-celta *krowkā-) é o nome dunha divindade aínda con contornas escuras,[17][18] a quen son feitas ofrendas, mais na inscrición de Xinzo de Limia é a Crouga a que é ofrecida.[19]

Nas Ordenacións e Leis Extravagantes, "dar coca a alguén" significa "trae-lo suxeito á súa disposición con caricias e afagos, trae-lo parvo, manso e con amavías" [20][21][22]

Coco e coca son nomes dos bugallo dos carballos. Tamén en portugués, coa e cuca [23]

O nome do coco é usado frecuentemente como aviso dun mal eminente nos países de lingua castelá, tal como acontecía en Portugal, cando os nenos desobedecen ós seus pais, por non querendo durmir ou comer, ou para disuadilos de ir a lugares perigosos e de se afastar de casa. O coco é un comedor de nenos (un papa-meniños)[24] e un secuestrador. El inmediatamente devora ó cativo e non deixa rastro del, lévao a un lugar sen volta. Máis só fai iso ós desobedientes.[25] A coca fica a vixiar ós nenos fedellos dende o tellado. O coco toma a forma de calquera sombra escura e queda tamén de garda. Son atraídos pola desobediencia. Ambos representan o oposto do anxo da garda e son frecuentemente comparados con diaño. Hai aínda quen ve o coco como unha representación dos defuntos da comunidade local.[26]

En Portugal a cabaza iluminada é chamada "coco" ou "coca"
Fíbula celtíbera en bronce: representa un guerreiro transportando unha 'cabeza cortada' [27]
'Cabeza cortada' galaico-lusitana
"Os nosos chamáronlle coco"~João de Barros

No Minho a máscara que se fai coa casca dunha cabaza é chamada coco[28]. Na antiga Beira Alta era costume que os rapaces a levaran espetada nun pau, como símbolo das almas do outro mundo, unha cabaza esculpida en forma de cara, cunha candea acesa dentro, lembrando unha caveira.[29]

Segundo Rafael Loureiro, a tradición de esculpir cabazas con rostros é unha tradición milenaria na Península Ibérica que se remonta ó tempo dos celtiberos,[30] un costume semellante ó que Diodoro Sículo atribuía ós guerreiros Iberos na batalla de Selinunte en -469, que penduraban nas lanzas as cabezas dos inimigos.[31]

"O costume outonal e infantil de baleirar cabazas e tallar na súa casca ollos, nariz e boca buscando unha expresión tétrica, lonxe de ser unha tradición importada por un recente mimetismo cultural americanizante, é un trazo cultural antiquísimo na Península Ibérica" ~ Rafael Loureiro

Esta tradición estaría aínda relacionada co culto celta das "cabezas cortadas" na Península Ibérica.[32][33]

Nas Décadas da Ásia (1563), João de Barros describe como o nome do coco (froito), ten orixe nesta tradición [34]:

“Esta cortiza por onde aquel pomo recibe o nutrimento vexetal, ten unha forma aguda, que se asemella ó fociño posto entre dous ollos redondos, por onde saen os gromos, cando quer nacer: por razón de tal figura, sen ser figura, os nosos chamáronlle coco, nome imposto polas mulleres a calquera cousa coa que queren dar medo ós nenos, o cal nome así lle ficou, que ninguén lle sabe outro, [...]”

Rafael Bluteau, no primeiro dicionario da lingua portuguesa, o Vocabulario Portuguez e Latino (1712) define o coco e a coca como caveiras:

“O Coco ou a Coca. Usamos destas palavras, para por medo ós nenos, porque a segunda casca do Coco ten na súa superficie tres buratos con aspecto de caveira.“[35]

Na primeira metade do século XX a coca era parte integrante de festexos como o do Día de Tódolos Santos:

"Nesta mesma cidade de Coimbra, onde hoxe nos encontramos, é costume andar grupos de nenos polas rúas, nos días 31 de outubro e 1 e 2 de novembro, ó caer da noite, cunha cabaza oca e con buratos recortados a facer de ollos, nariz e boca, como se fose unha caveira, e cun coto de vela aceso por dentro, para lle dar un ar máis macabro."[36]

En Galiza comezábase a tallar as cabazas con cara de caveiras preto do día de San Miguel (29 de setembro), e continuaba polo outono. Toda a estación do outono era tempo de facer caveiras coas cabazas.[37]

"En Coimbra o peditório menciona «Bolinhos, bolinhós», e o grupo traza unha cabaza baleirada con dous buratos a figurar os ollos dun personaxe e unha vela acesa dentro [...] outro exemplo da utilización da cabaza ou cabazo como figuración humana, nas máscaras dos embozados das esfolladas de Santo Tirso de Prazins (Guimarães), que despois, estes pasean, alzadas nun pau e cunha vela dentro, e deixan espetados en calquera sitio máis ermo, para meteren medo a quen pasa."[38]
"En Landim (Famalicão) finxíase, para amedrentar á xente das esfolladas, un rostro humano cun cabazo oco onde se metía unha vela a arder. Logo espetábase o cabazo nun espeque, e deixábase nun punto de paso."[39][40]

A representación da coca, cunha cabaza iluminada, forma parte do patrimonio inmaterial galego-portugués.[41] En Galiza é tema na festa do samaín,[42] e ten varios nomes[43]: calacús, caveiras de melón, calabazotes, colondros etc.[44]

Os rituais en torno da Nossa Senhora das Cabeças, en Portugal, inclúen a oferta de ex-votos coa forma de cabezas de cera, rezar a Ave María cunha estatua da Nossa Senhora enriba da cabeza, e rezar coa cabeza dentro dun burato aberto na parede da capela.[45][46]

A capela de Nossa Senhora das Cabeças localízase a 50 m das ruínas dun templo romano (en Orjais, Covilhã). Evidencia unha continuidade no uso dun espazo sagrado que pasou dunha área de culto pagán á dun culto cristián e que continuou a ser un local culto nos séculos seguintes até o día de hoxe. De acordo con Pedro Carvalho os achados prerromanos e a localización das ruínas romanas dentro das murallas dun castro do século -VIII suxiren a posibilidade de que fose inicialmente parte dun culto prerromano.[47][48][49][50]

Animais míticos

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Coca (mitoloxía).
Festa da Coca
Cucafera

A máis antiga referencia á Coca vén no Livro 3 de Doações de Afonso III de Portugal, do ano 1274:

"E se per ventura algunha Balea ou Baleato ou serea ou coca ou arroaz ou musaraña ou outro pescado grande que semelle algún destes morrer en Sesimbra ou en Silves ou noutros lugares da Ordin de El Rey."[51]

No norte de Portugal, a coca é representada por un dragón con escamas. Na vila de Monção, coñecida como a terra da "coca", é chamada "santa coca" ou "coca rabixa". Na festa do día do Corpus Christi a coca é o dragón que loita con San Xurxo na representación da lenda de San Xurxo e o dragón. Hai referencias á Festa da Coca dende o século XVI.

"A tal Coca é un monstro con figura de dragón. É de arcos, cubertos de lona, e rodas por baixo, sobre as cales marcha e contra marcha. Ten ás, puntas, e unha gran cola retorcida. A boca é de resortes, e, para que abra e peche, átanlle unha corda pola que turran atrás os homes que fan andar o dragón para meter medo ó cabalo. Esta loita de San Xurxo coa santa Coca é a que máis embasbaca ó pobo."[52]

Segundo a lenda, cando o cabaleiro gaña o torneo, ó cortar unha das súas orellas cun brinco e a lingua, o ano agrícola será fértil; cando é a Coca a que vence, arrepiando ó cabalo, o ano agrícola será mao e haberá fame.[53][54]

En Galiza aínda hai dúas cocas, unha en Betanzos e outra en Redondela onde se celebra o día da Coca durante o Corpus Christi.[55] Conta a lenda que o dragón chegou polo mar e devoraba ás rapazas da vila, mais acabou por morrer en combate a mans dos rapaces do lugar. En Monção, a lenda conta que a coca vive no río Miño; en Redondela vive na Ría de Vigo.[56]

Na fase inicial da súa vida a coca é unha cobra, despois transfórmase nun dragón.[57] O dragón tiña o mesmo nome que o barco medieval chamado coca, destinado ó transporte de carga e pasaxeiros, pero que tamén participaba nos frecuentes ataques dos piratas ás vilas costeiras.[58][59]

En Cataluña, este ser é chamado "cuca" ou "cucafera" e a súa máis antiga referencia foi documentada en 1457. É unha figura zoomórfica co corpo dunha tartaruga e chifres ó longo da columna, ten gadoupas e cabeza de dragón. A lenda conta que ela tiña que comer todas as noites ó xantar tres gatos e tres nenos.[60][61]

O papel de asustar nenos estendeuse até o Brasil, levado polos primeiros colonizadores, onde a coca é coñecida por outro nome, "Cuca".

"Para Câmara Cascudo [...], a cuca pode ter tres orixes. De Santa Coca que aparecía nas procesións da provincia do Minho, en Portugal. Tamén no Minho, coca é o nome popular de cabaza que, aínda hoxe, é perforada deseñando nela as contornas dos ollos e da boca, e colocándose unha vela acesa dentro. A terceira posíbel orixe é a partir de “Farricoco”, personaxe amedrentador, vestido cunha túnica que acompañaba a procesión de Passos, no Algarve, tamén e Portugal."[62]

Capa (traxe)

[editar | editar a fonte]
O Farricoco na Procesión "Ecce Homo" no Xoves Santo, en Braga, Portugal

Coca é o nome que se daba á capa ou traxe cunha carapucha que cubría o rostro. Era tamén o nome do vestido de noiva, tradicionalmente de cor escura, con carapucha, que aínda se usaba a comezos do século XX.[63] Camilo Castelo Branco relembraba con saudade o poder sedutor da coca:

"Ai! Eu aínda coñecín mulleres fermosas de mantilla. A graza coa que elas a apañaban e refegaban na cintura! Como as nádegas se revelaban redondas debaixo do lapín! E o bamboleo dos cabelos anelados sobre o dosel negro e arqueado da côca..."; [...] "Cando elas tornan, saiba o século XXI que fun eu quen nesta anarquía de modas francesas, conmemorou con saudade a maxestosa veste coa que as nosas avoas se fixeron queridas dos seus maridos e doutros".

En Portimão, nas celebracións da Semana Santa durante a "Procesión dos Pasos", organizada pola Misericordia, o arauto, un home vestido de negro cunha capa e unha carapucha, que tiña tres buratos correspondentes ós ollos e á boca, que lideraba a procesión e anunciaba a morte de Cristo, era chamado coca, farnicoco (farricunco, farricoco do latín far, farris[64] e coco) ou morte. Dábase o nome de coca á capa do home que a vestía.[65]

En 1498, o rei Manuel I deu permiso ós irmáns da Misericordia para que todos os anos no Día de Tódolos Santos recollesen os ósos e os restos mortais, deixados no cadafalso, daqueles que tiñan sido condenados a morte, e lles desen unha sepultura.[66] A irmandade, durante a Procesión dos Ósos, era seguida polos farricocos que levaban as tumbas e recollían os ósos dos condenados.[67][68][69] O farricoco era o sepultureiro da Misericordia que leva os defuntos para a sepultura.

Literatura

[editar | editar a fonte]
Os cocos, representación xigante do coco e da coca de Ribadeo.

Na literatura oral a coca é tema das cantigas de embalar, tal como o chupasangues que rouba os cativos ou a Mariamanta que ten lume nos ollos, un ser que asusta ós nenos, está sempre á espreita (está sempre á coca), e impide que o sono chegue. O sono é moitas veces personificado por outro ser mítico, o Pedro Chosco.

Vai-te coca, vai-te coca
Para cima do tellado
Deixa durmir o meniño
Un soniño descansado.

No Auto da Barca do Purgatório (1518), de Gil Vicente, un neno identifica ó diaño como o "coco" [70]:

Mãe e o coco está ali
queres vós estar quedo co'ele?
Demo: Passa passa tu per i.
Menino: E vós quereis dar em mi
Ó demo que o trouxe ele.

A novela de Stephen King O visitante (The outsider, 2018) está baseada no mito do coco.

En Ribadeo, o coco e a coca son representados por dous xigantes.[71][72] O mito do coco tamén se espallou polos países de lingua castelá.

Nos Estados Unidos, a cabaza decorada é chamada Jack-o'-lantern, nome dun personaxe do folclore europeo de países de lingua inglesa.

  1. Figueiredo, Cândido. Pequeno Dicionário da Língua Portuguesa. Livraria Bertrand. Lisboa 1940
  2. Diccionario de la lengua Española
  3. Coco2
  4. A Portuguese-English dictionary px. 164
  5. The concise dictionary of English etymology px. 91
  6. A dictionary of the Portuguese and English languages, in two parts pg
  7. Morris Student Plus
  8. Diccionario etimológico vasco-español-francés
  9. Dicionario de Dicionarios. Corpus lexicográfico da lingua galega
  10. Cf. Meyer-Lübke, Wilhelm (1911). Romanisches etymologisches wörterbuch. Heidelberg: Carl Winter's Universitätsbuchhandlung. pp. 183. , s.v. crūca
  11. Dicionario de Dicionarios
  12. Dicionario de Dicionarios. Corpus lexicográfico da lingua galega
  13. Lexicon Cornu-Britannicum px. 73
  14. Lexicon comparativum linguarum Indogermanicarum px. 599
  15. Dictionnaire français-breton px. 178
  16. Windisch, Ernst (1882). Compendium of Irish Grammar (PDF). p. 150. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de decembro de 2018. Consultado o 13 de outubro de 2012. 
  17. Los Dioses de la Hispania Céltica px. 57
  18. Religión, lengua y cultura prerromanas de Hispania, px. 370
  19. Indogermanica et Caucasica px. 322
  20. Diccionario da lingua portugueza: composto, Volume 1 px. 400-401
  21. Collecção de proverbios, adagios, rifãos, anexins sentenças moraes e idiotismos da lengoa Portugueza. px. 40
  22. A Dictionary of the Portuguese and English Languages, in Two Parts
  23. "Especie de bugallo que se cría nos carballos e que, cando verdea, ten cor avermellada que fai lembrar a de certas mazás". André de Resende. Vocabulário da Vida de frei Pedro Arquivado 19 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine.
  24. Novo Diccionario da lingua Portugueza. Lisboa 1817
  25. "LA IMAGEN DEL JOVEN A TRAVÉS DE LAS FICCIONES DE TERROR Y SUS FUENTES FOLKLÓRICO-LITERARIAS. EL CASO IBEROAMERICANO" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de abril de 2012. Consultado o 14 de outubro de 2012. 
  26. Aproximación antropológica a Castilla y León
  27. El Cantábrico en la Edad del Hierro. Medioambiente, economía, territorio y sociedad px. 402
  28. "Corpo de Deus Portal Municipal de Monção". Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2012. Consultado o 13 de outubro de 2012. 
  29. Beira Alta‎ - Assembleia Distrital de Viseu, Junta de Província da Beira Alta, Arquivo Provincial (Beira Alta, Portugal), Junta Distrital de Viseu, Arquivo Distrital (Viseu, Portugal) - Beira Alta (Portugal) - 1946. Px. 296
  30. "Pasado y presente de los estudios Celtas. Las calaveras de ánimas en la Península Ibérica px. 449". Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2013. Consultado o 13 de outubro de 2012. 
  31. La creencia en la ultratumba en la Hispania romana a través de sus monumentos, px. 4
  32. "As caveiras de colondros e o tempo de Samaín px. 6". Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2013. Consultado o 13 de outubro de 2012. 
  33. "Las «cabezas cortadas» en la Península Ibérica" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de abril de 2015. Consultado o 13 de outubro de 2012. 
  34. Barros, João de. Da Ásia de João de Barros e de Diogo do Couto: dos feitos que os portugueses fizeram no descobrimento dos mares e terras do Oriente. Década Terceira. Lisboa: Na Régia Officina Typografica, 1777-1788 (Biblioteca Nacional Digital)
  35. "Dalgado, Sebastião. Glossário luso-asiático, Volume 1 px. 291". Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2013. Consultado o 13 de outubro de 2012. 
  36. Manuel de Paiva Boléo, Universidade de Coimbra. Instituto de Estudos Románicos. Revista portuguesa de filoloxía - Volume 12 - Px. 745 - 1963 -
  37. "As caveiras de colondros e o tempo de Samaín". Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2013. Consultado o 13 de outubro de 2012. 
  38. Renato Almeida, Jorge Dias. Estudos e ensaios folclóricos em homenagem a Renato Almeida. Ministério das Relações Exteriores, Seção de Publicações, 1960
  39. Leite de Vasconcelos. Revista Lusitana: arquivo de estudos filológicos e etnológicos ... - Volume 22, px. 215. Lisboa (Portugal). Museu Ethnologico Português - 1919
  40. "Revista Lusitana, px. 215" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de xaneiro de 2015. Consultado o 13 de outubro de 2012. 
  41. "Património Imaterial galego-português". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2010. Consultado o 13 de outubro de 2012. 
  42. "Loureiro, Rafael. Samaín: A Festa das Caliveras". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2012. Consultado o 13 de outubro de 2012. 
  43. "Cabazas do País. culturagalega.org". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2009. Consultado o 13 de outubro de 2012. 
  44. "Loureiro, Rafael. Samaín. Vieiros da escola, nº10". Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2014. Consultado o 13 de outubro de 2012. 
  45. Enciclopédia das Festas Populares e Religiosas de Portugal - Volume 1, px. 448
  46. Afife digital
  47. O TEMPLO ROMANO DE NOSSA SENHORA DAS CABEÇAS (ORJAIS, COVILHÃ) E A SUA INTEGRAÇÃO NUM TERRITÓRIO RURAL“Conimbriga” XLII (2003) pp. 153-182
  48. "Um tesouro esquecido em Orjais". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2014. Consultado o 13 de outubro de 2012. 
  49. Castro de Orjais e ruínas de uma construção junto à Capela de Nossa Senhora das Cabeças
  50. "Civilização romana a descoberto na Senhora das Cabeças". Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2010. Consultado o 13 de outubro de 2012. 
  51. "d'Azevedo, Pedro. Revista Lusitana.Miscelânia. Volume IV Antiga Casa Bertrand, 1896" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de xullo de 2011. Consultado o 13 de outubro de 2012. 
  52. Almanach de lembranças Luso-Brazileiro para o anno de 1867. px. 227
  53. Festa da Coca anima Monção
  54. the feast of santiago in Galicia 1956. JSTOR Folklore, vol. 68, nº 4
  55. A coca de Betanzos
  56. Festival, comedy and tragedy: the Greek origins of theatre, px. 380
  57. "Cadernos Lab. Xeolóxico de Laxe Coruña. 2008. Vol. 33, px. 29" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de setembro de 2012. Consultado o 13 de outubro de 2012. 
  58. "La coca en el intercambio mercante Atlántico-Mediterráneo". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2012. Consultado o 13 de outubro de 2012. 
  59. "Visbyresan 2011 med koggen Tvekamp av Elbogen. Fotevikens museum". Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2012. Consultado o 13 de outubro de 2012. 
  60. Actes del Novè Col·loqui Internacional de Llengua i Literatura Catalanes
  61. Forms of tradition in contemporary Spain
  62. "Discurso e formación de valores nas cancións de ninar e de roda" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de marzo de 2010. Consultado o 07 de marzo de 2010. 
  63. "CÔCA OU MANTILHA - SÉCULO XIX" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de decembro de 2009. Consultado o 18 de decembro de 2009. 
  64. Corpus lexicográfico da lingua galega
  65. "J. António Guerreiro Gascon.Festas e costumes de Monchique" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de outubro de 2011. Consultado o 13 de outubro de 2012. 
  66. "Santa Casa da Misericórdia de Santarém". Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2011. Consultado o 13 de outubro de 2012. 
  67. Novo diccionario portatil das linguas portugueza e ingleza px. 202
  68. Novo Diccionario da lingua Portugueza
  69. História Breve das Misericórdias Portuguesas px. 45
  70. Vicente, Gil. Auto da Barca do Purgatório(1518).
  71. "Xigantes e Cabezudos en Galicia". Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2013. Consultado o 13 de outubro de 2012. 
  72. Armesto, Victoria: Galicia feudal, Volume 1