Óscar Míguez
Nome orixinal | Óscar Omar Míguez Antón | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 5 de decembro de 1927 Montevideo, Uruguai | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 19 de agosto de 2006 (78 anos) Montevideo, Uruguai | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lugar de sepultura | Cemiterio del Buceo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 176 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 78 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1948 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Uruguai | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1955 | Campionato Suramericano de 1955 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1954 | Mundial de Fútbol Suíza 1954 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1950 | Mundial de Fútbol Brasil 1950 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Óscar Omar Míguez Antón, alcumado Cotorra, nado en Montevideo o 5 de decembro de 1927 e finado na mesma cidade o 19 de agosto de 2006, foi un futbolista uruguaio, de orixe galega. Xogaba como dianteiro e formou parte da notable selección nacional uruguaia que gañou a Copa do Mundo de 1950 no célebre Maracanazo e que chegou ás semifinais no Mundial de Suíza 1954. É o máximo goleador do Uruguai na historia dos Mundiais.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orixes
[editar | editar a fonte]Seu pai, Manuel Míguez Souto, era natural de Meicende, no concello coruñés de Arteixo. Alí xogara xunto aos seus irmáns no primeiro equipo de fútbol arteixán, a Sociedade Recreativa e Instructiva La Esperanza, antes de emigrar ao Uruguai.[1] Na capital uruguaia naceu Óscar Omar en decembro de 1927.
Comezos no fútbol
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar ao fútbol no Araicuá e, despois de participar en 1943 nun campionato xuvenil organizado pola IASA (Institución Atlética Sud América), entrou a formar parte da canteira deste club, xunto con Alcides Ghiggia e o seu amigo Antonio Sacco.[1] A finais de 1947, despois dun encontro no que marcou tres goles, foi fichado polo Peñarol para xogar no seu segundo equipo.
Carreira en Peñarol
[editar | editar a fonte]En 1948 o adestrador inglés Randolph Galloway subiuno ao primeiro equipo, onde formou parte dunha famosa liña de dianteiros con Alcides Ghiggia, Juan Schiaffino, Juan Eduardo Hohberg e Ernesto Vidal. Foi o máximo goleador do campionato uruguaio esa tempada, con 8 goles, ata que unha folga de futbolistas paralizou a competición.[1] Repetiu como máximo goleador en 1949, con 20 tantos, nunha tempada na que o seu equipo conquistou o campionato de Primeira División, a Copa Competencia e a Copa de Honor, os tres títulos de xeito invicto.[2]
As súas grandes actuacións nas Copas do Mundo fixeron que recibise oferta de varios equipos europeos como o FC Barcelona ou o Milan, pero continuou no Peñarol, onde xogou durante máis dunha década, gañando tamén os campionatos de 1951, 1953, 1954, 1958 e 1959, e facendo famosas as súas chilenas e filigranas.[3][1]
Últimos anos
[editar | editar a fonte]En xaneiro de 1960 viaxou ao Perú, onde estivo a proba co Sporting Cristal. Xogou un primeiro amigable contra o Vasco da Gama, no que anotou o terceiro dos tres goles do seu equipo (3-0), e logo enfrontouse ao Santos de Pelé, facendo un gol e unha asistencia nun encontro que rematou con empate a tres goles. Xa cun acordo verbal para a súa fichaxe, xogou un terceiro amigable fronte ao Botafogo, que acabou 1-1. A continuación comezou a ausentarse dos adestramentos e rompeu o acordo co club.[4] Volveu logo ao Uruguai, onde xogou no Rampla Juniors o campionato de 1960, formando dianteira co histórico Ángel Labruna.[5] O seu último club foi o Colón FC, no que xogou en 1961.
Faleceu o 19 de agosto do 2006 aos 78 anos.[6] Os seus restos foron soterrados no Panteón dos Olímpicos do Cementerio del Buceo.[7]
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Foi internacional coa selección do Uruguai en 39 ocasións, marcando 27 goles. O seu debut co equipo charrúa produciuse o 30 de abril de 1950, nun amigable contra a selección paraguaia. Co número 9 nas costas proclamouse ese mesmo ano campión do mundo no Mundial do Brasil, disputando todos os encontros do seu equipo, incluído o derradeiro partido contra o Brasil, o célebre Maracanazo, fronte a 200.000 espectadores. Con 5 goles, foi o segundo máximo goleador do torneo, só por detrás do brasileiro Ademir.[8]
En 1954 participou no Mundial de Suíza, anotando tres goles nos dous primeiros partidos, fronte a Checoslovaquia e Escocia. No terceiro partido, os cuartos de final contra Inglaterra, gañando os uruguaios por 4-2, púxose a canear xogadores ingleses en vez de disparar a portería, motivo polo que os dirixentes uruguaios fixeron presión sobre o adestrador Juan López para retiralo do equipo e poñer a Juan Hohberg no seu lugar antes do partido con Hungría.[9] Cos seus oito goles entre os torneos do Brasil e Suíza, é o máximo goleador uruguaio na historia dos Mundiais.
Disputou tamén dúas edicións da Copa América, en 1955 en 1956, conquistando a segunda delas na que foi ademais elixido mellor xogador do torneo.[10]
Participacións nos Mundiais
[editar | editar a fonte]Mundial | Sede | Resultado | Partidos | Goles |
---|---|---|---|---|
Copa do Mundo de fútbol de 1950 | Brasil | Campión | 4 | 5 |
Copa do Mundo de fútbol de 1954 | Suíza | Cuarto posto | 3 | 3 |
Palmarés
[editar | editar a fonte]Peñarol
- Primeira División do Uruguai (6): 1949, 1951, 1953, 1954, 1958 e 1959.
- Torneo Competencia (5): 1949, 1951, 1953, 1956 e 1957.
- Torneo de Honor (6): 1949, 1950, 1951, 1952, 1953 e 1956.
- Torneo Cuadrangular (1): 1959.
- Torneo Campións Suramericanos Xuvenís (1): 1954.
Selección do Uruguai
- Copa do Mundo (1): 1950.
- Copa América (1): 1956.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Óscar Míguez". 22 de xuño de 2018. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2021. Consultado o 22 de abril de 2021. Arquivado 22 de abril de 2021 en Wayback Machine.
- ↑ "Peñarol 1949: setenta años de un equipo para la historia" (en castelán). 6 de outubro de 2019. Consultado o 22 de abril de 2021.
- ↑ "Omar Míguez se fue a hacer chilenas al cielo" (en castelán). 21 de agosto de 2006. Consultado o 22 de abril de 2021.
- ↑ "Omar Míguez en Cristal: Cotorra de palabra corta" (en castelán). 18 de febreiro de 2016. Consultado o 22 de abril de 2021.
- ↑ "Un lujo de la historia de Rampla Juniors" (en castelán). 13 de febreiro de 2018. Consultado o 22 de abril de 2021.
- ↑ "Murió ex futbolista uruguayo Oscar Miguez, protagonista del "Maracanazo"" (en castelán). 20 de agosto de 2006. Consultado o 22 de abril de 2021.
- ↑ "Obituario de Óscar Míguez" (en castelán). Consultado o 22 de abril de 2021.
- ↑ "Estatísticas do Mundial de 1950". FIFA (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2021. Consultado o 23 de abril de 2021. Arquivado 23 de abril de 2021 en Wayback Machine.
- ↑ "Cotorra Míguez, del baldío al Maracanazo". Clarín (en castelán). 16 de marzo de 2016. Consultado o 23 de abril de 2021.
- ↑ "The Copa América Archive - Trivia". rsssf.com (en inglés). Consultado o 23 de abril de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Óscar Míguez |
- Datos do xogador no sitio web oficial da Asociación Uruguaia de Fútbol (en castelán)