Ángeles González-Sinde
(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de abril de 1965 (59 anos) Madrid, España |
Ministro de Cultura de España | |
7 de abril de 2009 – 22 de decembro de 2011 ← César Antonio Molina – José Ignacio Wert → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Campo de traballo | Filme, televisión e política |
Ocupación | directora de cinema, actriz, escritora, política, guionista, tradutora |
Partido político | sen valor |
Familia | |
Parella | Claudio López Lamadrid |
Pai | José María González-Sinde |
Ángeles González-Sinde Reig, nada en Madrid o 7 de abril de 1965, é unha guionista, directora de cinema española, que foi ministra de Cultura de España.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Filoloxía Clásica na Universidade Complutense de Madrid. Realizou un mestrado de Guión Cinematográfico e trasladouse aos Ánxeles para continuar os seus estudos no American Film Institute.
Foi a guionista de numerosas series de televisión canda a Alberto Macías, así como de multitude de películas, traballos que lle valeron varios recoñecementos, entre eles dous premios Goya.
O seu debut como directora, e un dos seus traballos máis premiados, foi a película La suerte dormida (2003), protagonizada por Adriana Ozores. Repetiría nos labores de dirección nunha das curtas de Madrid 11M: Todos íbamos en ese tren (2004).
Desde decembro de 2006 ata abril de 2009 estivo á fronte da presidencia da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas, cargo no que colleu a testemuña da actriz Mercedes Sampietro.
É filla do fundador e primeiro presidente da academia, José María González-Sinde, e o seu irmán, que se chama como o pai, tamén se dedica ó mundo do cine.
É firme detractora das descargas P2P, ás que culpa dos problemas do cine español. A Asociación de Internautas (AI) destaca na súa nota unha clara cita de González-Sinde:
"Hai que seguir pelexando. Pelexando para que as descargas ilegais non nos fagan desaparecer, para que os nosos administradores comprendan que no negocio da rede non poden gañar só as operadoras de ADSL, mentres que quen proporcionámo-los contidos, perdemos. Pelexando para fomentar a venta e aluguer de películas por Internet de maneira xusta, cómoda e vantaxosa para o usuario. Hai miles de postos de traballo en xogo."
No mesmo ámbito de alusións á pirataría e Internet encádrase outra das súas citas máis comentadas:
"Sexamos todos sinceros, ¿para que necesitamos todos dunha liña de ADSL de non sei cantos xigas? ¿Para mandar e-mails?".
Trala profunda remodelación do Goberno de España do 7 de abril de 2009, foi nomeada Ministra de Cultura como independente, substituíndo a César Antonio Molina, nomeamento que provocou un movemento de rexeitamento inmediato entre os internautas, que apenas dous meses despois do seu nomeamento denunciárona por conflito de intereses, argumentado que empresas e sociedades ligadas á figura da ministra ou dos seus familiares se benefician da concesión de axudas[1]. Coa derrota socialista nas eleccións de 2011 deixou o ministerio.
En 2013, foi finalista do Premio Planeta.[2]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Como guionista
[editar | editar a fonte]- Farmacia de guardia — serie de TV (1995).
- La casa de los líos — serie de TV (1996).
- La buena estrella (1997), de Ricardo Franco.
- Lágrimas negras (1998), de Ricardo Franco.
- Segunda piel (1999), de Gerardo Vera.
- Las razones de mis amigos (2000), de Gerardo Herrero.
- Antigua vida mía (2001), de Héctor Olivera.
- Cuéntame cómo pasó — serie de TV (2001).
- El misterio Galíndez (2003), de Gerardo Herrero.
- Manolito Gafotas (2004), de Antonio Merecero.
- La suerte dormida (2003).
- A vida que che espera (2004), de Manuel Gutiérrez Aragón.
- La puta y la ballena (2004), de Luis Puenzo.
- Madrid 11M: Todos íbamos en ese tren (2004), de varios directores.
- Entre vivir y soñar (2004), de Alfonso Albacete e David Menkes.
- Heroína (2005), de Gerardo Herrero.
- Os aires difíciles (2006), de Gerardo Herrero.
- Todos estamos invitados (2007), de Manuel Gutiérrez Aragón.
- Una palabra tuya (2008).
- Mentiras y gordas (2009).
- 7 minutos (2009, canda Daniela Fejerman).
Como directora
[editar | editar a fonte]- La suerte dormida (2003).
- Madrid 11M: Todos íbamos en ese tren (2004) — segmento «Como los demás».
- Una palabra tuya (2008).
Como actriz
[editar | editar a fonte]Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Goya ó mellor guión orixinal por La buena estrella, de Ricardo Franco (1997).
- Nomeamento ó premio do Círculo de Escritores Cinematográficos ó mellor guión adaptado por Las razones de mis amigos (2000), de Gerardo Herrero.
- Nomeamento ó premio ó mellor guión adaptado da Asociación de Críticos Cinematográficos da Arxentina por Antigua vida mía (2001), de Héctor Olivera.
- Nomeamento á mellor película no Festival de Cine de Bogotá por La suerte dormida (2003).
- Nomeamento ó premio á mellor película na Semana Internacional de Cine de Valladolid por La suerte dormida (2003).
- Premio Goya á mellor dirección novel por La suerte dormida (2003).
- Premio Turia ó mellor traballo novel por La suerte dormida (2003).
- Premio ó mellor guión no XX Festival de Cine Español de Málaga por Heroína (2005), de Gerardo Herrero.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Denuncian a González-Sinde por conflito de intereses Arquivado 06 de xuño de 2009 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ Redacción (15 de outubro de 2013). "Clara Sánchez gana el Premio Planeta 2013 con 'El cielo ha vuelto'". europapress.es (en castelán). Consultado o 17 de outubro de 2023.
Predecesor: Mercedes Sampietro |
Presidenta da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España 2006 - 2009 |
Sucesor: Álex de la Iglesia |
Predecesor: César Antonio Molina |
Ministra de Cultura de España 2009 - 2011 |
Sucesor: José Ignacio Wert |