Tilt Test
Aparencia
A proba de basculación, tamén coñecida coma Tilt Test, é proba diagnóstica empregada en cardioloxía para diagnosticar o síncope vasovagal. Outros nomes que recibe esta proba son a proba da padiola inclinada ou o test de inclinación ortostática. Foi empregado por vez primeira no ano 1886.
O test de Tilt ten coma obxectivo a provocación, de xeito controlado e nunha padiola, do desmaio do paciente mediante unha reacción vasovagal. Ten como finalidade pescudar se ditos desmaios que sofre o doente son froito dunha baixada de súpeto da tensión arterial, ou se se trata doutra causa e, xa que logo, é preciso proseguir co estudo.
Véxase tamén
Outros artigos
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Tilt Test |
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |