STS-90
STS-90 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-90. | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 17 de abril de 1998, 18:19 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6] |
Duración da misión | 15,91 días[6] |
Obxectivo da misión | Experimentos relacionados coa neurobioloxía.[3][6] |
Regreso | 3 de maio de 1998[6] |
Sitio de regreso | Centro Espacial Kennedy |
NSSDC ID | 1998-022A |
STS-90 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 17 de abril de 1998 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
Características
STS-90, con sete astronautas a bordo e tamén denominada Neurolab, foi lanzada para facer experimentos de neurobioloxía en toda unha gama de especies no módulo Spacelab da bodega do transbordador: os sete humanos da tripulación (formada polo comandante Richard A. Searfoss, o piloto Scott D. Altman, os especialistas de misión Richard M. Linnehan, Dafydd Rhys Williams e Kathryn P. Hire e os especialistas de carga Jay C. Buckey e James A. Pawelczyk), 18 ratos, 152 ratas, 229 peixes, 824 grilos e 680 ovos de grilo.[3][5][6][7]
Ademais de Neurolab, a bordo do transbordador viaxaban experimentos secundarios como SVF, o biorreactor BDS-04 e outros. Kathryn Hire converteuse na primeira empregada do Centro Espacial Kennedy en ser elixida astronauta.[3][5][6][7]
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 3 de maio de 1998.[3][5][6][7]
Notas
- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 90" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Note verbale dated 17 August 1998 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (98-55464(E)). 26 de agosto de 1998: 9. Consultado o 7 de febreiro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 90" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "STS-90" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-90" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 NASA (23 de novembro de 2007). "STS-90" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2021.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-90 |