[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Sábado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.

O sábado é o sexto día da semana. O nome "sábado" vén do hebreo a través do latín sabbătum (dies) ou día do sabat, día de descanso para os xudeus. O nome latino era Saturni (dies), ou día de Saturno. Coa cristianización deuse unha substitución do nome, pero outras linguas mantiveron a raigaña latina, como no caso do inglés Saturday.

Nomes noutras linguas

Sábado nas distintas linguas de Europa.
Lingua Nome Significado
Alemán Samstag Día do Sabat
Búlgaro Събота/Sabota Día do Sabat
Catalán Dissabte Día do Sabat
Checo Sobota Día do Sabat
Chinés Tradicional 星期六/Xīng Qī Līu Seis da semana
Español Sábado Día do Sabat
Éuscaro Larunbat ?
Francés Samedi Día do Sabat
Holandés Zaterdag Día de Saturno
Inglés Saturday Día de Saturno
Irlandés Dé Sathairn Día de Saturno
Islandés Laugardagur Día do baño
Italiano Sabato Día do Sabat
Noruegués Lørdag Día do baño
Quechua K'uichi P'unchay Día do arco da vella
Portugués Sábado Día do Sabat
Romanés Sambata Día de Saturno
Ruso Субботу/Subota Día de Saturno
Xaponés 土曜日/Doyoubi Día da terra

Notas

Véxase tamén

Outros artigos