Phoenix
- Véxase tamén: Phoenix (sonda espacial).
Alcume | Valley of the Sun | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Fénix | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Arizona | ||||
County of Arizona (en) | Condado de Maricopa (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.608.139 (2020) (1.198,78 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 580.835 (2020) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Região metropolitana de Phoenix (pt) (Poboación:4.845.832) | ||||
Superficie | 1.341,477468 km² | ||||
Auga | 0,24 % | ||||
Bañado por | Salt River (en) | ||||
Altitude | 331 m-331 m | ||||
Creación | 1868 | ||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Kate Gallego (pt) (2019–) | ||||
Órgano lexislativo | Phoenix City Council (en) , (Escano: 8) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 85001–85087 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 623, 480, 602 e 520 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | phoenix.gov | ||||
Phoenix é a capital, a maior cidade e a maior área metropolitana do estado estadounidense de Arizona. Phoenix incorporouse o 5 de febreiro de 1881. É a principal cidade da Área Metropolitana de Phoenix e a 7 cidade do país. Os indios navajo chaman á cidade Hoodzo que significa literalmente "este lugar é caloroso", actualmente é a cidade con maior crecemento nos Estados Unidos.
Historia
[editar | editar a fonte]Prehistoria
[editar | editar a fonte]Os primeiros asentamentos no Val do Sol estableceunos o pobo hohokan ao redor do ano 300 adC. Construíron as primeiras granxas e estableceron un sistema de canles que permitía traer a auga desde o río Salgado. Viviron tamén nas ruínas de Pobo Grande entre o 700 e o 1400. Foi un pobo emprendedor e imaxinativo. O seu sistema de irrigación compendría uns 217 km de canles.
Orixe da cidade
[editar | editar a fonte]En 1867, o aventureiro Jack Swilling parou para descansar na zona norte das Montañas White Tank. Descubriu que a área tiña numerosas zonas agrícolas, libres de xeadas. Só se necesitaba auga. En 1868 construíu unha canle que traía auga desde o río Salgado e fundou unha pequena colonia a uns 6 quilómetros da actual cidade. O nome de Phoenix (fénix) deullo o pioneiro Darrel Dupa simbolizando así o nacemento dunha nova civilización sobre as ruínas deixadas polos hohokan. A cidade foi recoñecida oficialmente o 4 de maio de 1868.
Prosperidade e modernidade
[editar | editar a fonte]A chegada do ferrocarril en 1880 foi o primeiro de diversos acontecementos que revolucionaron a economía de Phoenix. A cidade converteuse nun centro de comercio na que os produtos chegaban aos mercados das costas leste e oeste do país. A Cámara de Comercio de Phoenix de estableceu en 1888.
En 1902, o presidente Theodore Roosevelt permitiu a construción de presas na zona oeste, satisfacendo así as demandas dos habitantes do Val do Sol. En 1911 a presa Roosevelt, unha das maiores do mundo, empezou a ser operativa. A presa creou tamén o Lago Roosevelt que ampliou a zona de irrigación. O 14 de febreiro de 1912, o presidente William Howard Taft instituíu o estado de Arizona e nomeou a Phoenix como o seu capital.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Phoenix atópase a 33°31'42" norte 112°4'35" oeste na zona central de Arizona, no corazón do Deserto de Sonora. A área metropolitana inclúe as comunidades de Glendale, Mesa, Scottsdale, Tempe, Chandler, Gilbert, Peoria e outras máis pequenas. Ademais, na área establecéronse diversas comunidades de retiro como Sun City.
A cidade ocupa unha área de 1.230,5 km² dos cales 1.229,9 pertencen a terra e 0,6 a zona de auga.
Clima
[editar | editar a fonte]É habitual que a cidade teña o ceo despexado, cunha media de 300 días de sol ao ano. A temperatura alcanza os 38 °C durante 89 días ao ano, sobre todo entre os meses de xuño e setembro. No verán adóitanse alcanzar temperaturas de máis de 40 °C. A temperatura máxima alcanzouse o 26 de xuño de 1990 ao chegar os termómetros a marcar os 50 °C.
MesTemperaturas medias e precipitación: weather.com.Datos sobre o clima: weatherbase.com. | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Ano |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Temperatura máxima media (°C) | 19 | 21 | 24 | 29 | 34 | 39 | 41 | 39 | 37 | 31 | 24 | 19 | 30 |
Temperatura mínima media (°C) | 5 | 7 | 9 | 13 | 18 | 22 | 27 | 26 | 22 | 16 | 9 | 6 | 15 |
Precipitación (mm) | 21 | 20 | 27 | 6 | 4 | 2 | 25 | 24 | 19 | 20 | 19 | 23 | 210 |
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]Phoenix está irmandada con dez cidades[1]:
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Phoenix Sister Cities Commission Arquivado 24 de xullo de 2013 en Wayback Machine. (consultado o 21 de abril de 2006).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Phoenix |