Pete Seeger: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: ja:ピート・シーガー |
m bot Engadido: zh:皮特·西格 |
||
Liña 32: | Liña 32: | ||
[[sv:Pete Seeger]] |
[[sv:Pete Seeger]] |
||
[[vi:Pete Seeger]] |
[[vi:Pete Seeger]] |
||
[[zh:皮特·西格]] |
Revisión como estaba o 31 de xullo de 2009 ás 17:15
Peter Seeger, universalmente coñecido como Pete Seeger, (3 de maio de 1919 -) é un cantante folk norteamericano. Considerado un dos pioneiros da música folk e tamén da música protesta nos anos cincuenta e sesenta, pertenceu os Almanac Singers e máis tarde ó cuarteto The Weavers, que conseguíu facer popular a música folk nos circuítos comerciais.
Estudou xornalismo en Harvard e durante anos buscou nos arquivos e bibliotecas dos Estados Unidos cancións tradicionais, rescatándoas e creando novos temas baseados na música tradicional, ademais de seguir o camiño iniciado por xente como Woody Guthrie. Son cancións súas as xa míticas "Where Have All the Flowers Gone", "If I Had a Hammer" e "Turn, Turn, Turn", que foron gravadas por multitude de artistas, folk ou non. Membro do Partido Comunista dos Estados Unidos de América, compareceu diante o Comité de Actividades Antiamericanas e alí defendeuse acompañado polo seu banxo.