[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Lammas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.

Lammas ou día de Lammas é unha festividade tradicional da colleita, de orixe celta, tamén coñecida como Lughnasadh, que se celebra o 1 de agosto nos países anglosaxóns e en relixións de revival celta e neopagás como a wicca.

Durante a época medieval esta festa era coñecida como "Gule of August", pero o significado de "gule" é descoñecido. Ronald Hutton suxire que esta palabra puido ser unha derivación inglesa de "gwyl aust", o nome galés para o 1 de agosto e que significa "festa de agosto"; e propón unha orixe pagá e pre-cristiá de Lammas entre os anglosaxóns e a súa conexión co festival gaélico de Lughnasadh ("vodas de Lug", un deus celta).

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Hutton, Ronald (1996). The Stations of the Sun.
  • Publications of the Scottish Historical Society (Publicacións da Sociedade Histórica Escocesa).