[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

José Antonio Parga Sanjurjo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Modelo:BiografíaJosé Antonio Parga Sanjurjo
Biografía
Nacemento11 de febreiro de 1841 Editar o valor en Wikidata
Piantón, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de setembro de 1917 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Viveiro, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, xuíz, escritor Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX1390084

José Antonio Parga Sanjurjo, nado en Piantón (A Veiga, Asturias) o 11 de febreiro de 1841 e finado en Viveiro o 12 de setembro de 1917, foi un avogado, xuíz e escritor galego.

Traxectoria

Proposicion é informe relativos al nombramiento de cronista de Galicia a favor de D. Manuel M. Murguía, 1885

Fillo de José Raimundo Parga Mosquera e Dolores Sanjurjo Lamas. De novo viviu e fixo os primeiros estudos en Viveiro. Foi fiscal do xulgado de primeira instancia de Mondoñedo, maxistrado na Audiencia de Pontevedra e fiscal en Ourense, Palencia, Lugo e Madrid.

Foi membro activo da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago e como tal, en 1884, propuxo que Manuel Murguía fose nomeado cronista de Galicia, con remuneración económica, para así poder rematar a súa Historia de Galicia, a cal ficara interrompida e só se publicaran os dous primeiros tomos en 1865 e 1866. Após as xestións realizadas pola Económica, finalmente Murguía editou dous novos volumes en 1888 e 1891 como «cronista xeral do Reino».[1]

Escribiu biografías e artigos históricos no Boletín de la Real Academia Gallega e Galicia, revista en que iniciou a publicación da novela La cueva de la doncella (1887-1889). Ingresou na Real Academia Galega o 28 de setembro de 1907, coa lectura do discurso El renacimiento de la literatura regional, respondido por Manuel Murguía[2].

Obras

Vida persoal

Casou con Dolores Acevedo Caballero.

Notas

  1. Álvarez Ruiz de Ojeda, Victoria (2000). "Manuel Murguía e a Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago" (PDF). Grial (Galaxia). XXXVIII (147): 399–429, en 413 e ss. ISSN 0017-4181. 
  2. Parga Sanjurjo, J. A. (2015). El renacimiento de la literatura regional. A Coruña: Real Academia Galega. 

Véxase tamén

Ligazóns externas