[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Ieroboam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.

Ieroboam foi rei de Israel. O fillo de Salomón, Roboam herdara o seu reino e Ieroboam liderou a facción disidente no norte, fundando un reino novo e independente de Xerusalén, Israel.

No seu reino, floreceron os cultos pagáns a Baal e ó becerro de ouro, propios dos alaquemitas ou filisteos. As dinastías reinantes eran febles e os cambios de goberno continuos. No -720 un exército asirio conquistou o reino e os seus habitantes foron desterrados. Pasarían a formar parte da lenda xudía das dez tribos perdidas.