[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Hurling

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Sliotar (pelota) e hurley (pau).
Un partido de hurling

O hurling (en irlandés, iomáint o iománaíocht) é un deporte de equipo de orixe celta.[Cómpre referencia] É un deporte de equipo xogado ao aire libre con orixe antiga Irlanda. Está rexido pola Asociación Atlética Gaélica (GAA). A orixe do hurling dise que foi hai xa 3000 anos e considérase que é o deporte de campo máis rápido do mundo. Ao ser un deporte gaélico este xogo comparte moitas características co fútbol gaélico, tantas, que o campo, o número de xogadores e o obxectivo son os mesmos. O xogo practícase principalmente en Irlanda e parécese ao shinty, que se xoga en Escocia. Existe unha versión feminina do xogo, que se coñece como camogie. Xógase con paus (hurley/camáin) mediante os cales golpéase unha pelota (sliotar). O obxectivo do xogo é que os xogadores que usan un pau de madeira chamado hurley para golpear unha pequena pelota denominada sliotar entre os postes do opoñente, xa sexa por riba do traveseiro para gañar 1 punto, ou por debaixo do traveseiro nunha rede defendida por un porteiro para conseguir 3 puntos.

O hurling xógase en todo o mundo, e é popular entre os irlandeses emigrados en América do Norte, Europa, Nova Zelandia, Arxentina, Suráfrica e Australia. A final do All-Ireland enumérase en 2º lugar segundo a CNN nos seus "10 eventos deportivos que hai que ver en directo" despois só dos Xogos Olímpicos e por diante da Copa do Mundo da FIFA e da Copa de Europa.

Estatísticas

  • O equipo componse de 15 xogadores ou "hurlers".
  • O hurley pode medir de 61 a 91 centímetros.
  • A pelota (chamada sliotar) ten un centro de cortiza e unha cuberta de coiro; ten de 69 a 72 mm de diámetro, e de 110 a 120 gramos.
  • Un bo golpe co hurley pode pode mandar a bóla a 150 km / h de velocidade e a 110 metros de distancia.
  • Un tiro que vaia sobre o longueiro vale 1 punto. Un tiro por debaixo do longueiro que entre na portaría vale 3 puntos.

Regras

Terreo de xogo

Campo de fútbol gaélico e hurling.

O terreo de xogo do hurling é igual ao do fútbol gaélico e moi semellante ao de rugby, pero máis grande. O terreo, é un campo de 130 a 145 metros de longo e de 80 a 90 metros de ancho. As portas teñen forma de H e sitúanse nos extremos do campo. As portarías están formadas por dous postes que miden 6-7 metros de alto e que están distanciados a 6,5 m. Estes dous postes conéctanse cun traveseiro que está a 2,5 metros de altura. Detrás da portaría ponse unha rede. As liñas están marcadas a 14 m, 21 m e 65 m da liña de fondo. En campos de mozos utilízanse medidas máis pequenas en todos os aspectos.

Equipos

Os equipos constan de 15 xogadores: un porteiro, tres defensas, tres full backs, dous half backs, tres mediocentros e tres dianteiros. Na bancada poden estar de 24 a 30 xogadores e pódense facer 5 substitucións. Se é necesario pódese facer outro troco máis.

Pelota

A bóla de hurling está formada por un núcleo de cortiza cuberto de dúas pezas de coiro cosidas xuntas. Esta pelota chámase sliotar. Este, é un obxecto con regulacións moi escritas en canto a tamaño, peso e composición.

Cascos

A standard hurling helmet

Dende o 1 de xaneiro do 2010 os uso de cascos con protector de cara son obrigatorios. Con esta medida, a GAA espera reducir significativamente as lesións na cabeza mediante a introdución do uso destes cascos, tanto en partidos coma en adestramentos. En todas as idades, os hurlers deben ter o hurley na mam e deben ter posto o casco e a visera en todo momento. Se un xogador non ten algo disto, o árbitro pode parar o partido.

Tempo de partido

Posicións de hurling

Os partidos profesionais duran 70 minutos (35 minutos cada parte). Todos os demais partidos duran 60 minutos (30 minuts por metade). En idades escolares, os partidos poden chegar a durar 50 minutos. Ao final de cada parte, o árbitro pode engadir un tempo perdido durante o tempo regulamentario se o cre oportuno. Se é un partido eliminatorio e o resultado acaba en empate xógase unha repetición. Se a repetición tamén finaliza en táboas, logo disputarase unha prórroga de dúas partes de 10 minutos. Se o xogo segue empatado, xógase outra repetición. Nas competicións de equipos, as repeticións cada vez son menos utilizadas polos atrasos que producen nos horarios.

Faltas técnicas

Considéranse como faltas técnicas:

  • Recoller a pelota do chan coa man (téndoo que facer co hurley).
  • Pasar a pelota co hurley (en lugar diso débese pasar coa man aberta).
  • Ir máis de catro pasos coa pelota na man (podéndose ir coa pelota no hurley todo o tempo que se queira).
  • Coller a pelota tres veces na man sen que toque o solo (tocando o hurley non conta).
  • Pasar a pelota dunha man á outra.
  • Meter un gol coa man.
  • Lanzar o hurley.

Puntuación

A puntuación conséguese lanzando o sliotar (pelota) entre os postes da portería do equipo contrario. Os postes, que están nos extremos do campo, son postes con forma de H coma os de rugby, pero cunha rede por debaixo do traveseiro que fai unha portaría semellante á de fútbol. Os postes teñen 6,4 m de separación e o longueiro está a 2,44 m de altura. Se o sliotar pasa por riba do traveseiro, un punto é anotado e o árbitro levanta unha bandeira branca. Se a pelota entra na portaría, anótase un gol, o gol vale tres puntos e o árbitro levanta unha bandeira verde. A portaría está defendida por un porteiro. As puntuacións anótanse en formato goles metidos - puntos feitos. Por exemplo, a 1997 All-Ireland Final rematou: Clare GAA 0-20 - Tipperary GAA 2-13. Así Clare gañou por "vinte puntos a dous trece" (20 a 19). 2-0 sería referido como "2 goles", nunca "dous cero". 0-0 dise "sen puntuación".

Arbitraxe

Un partido de hurling está vixiado por 8 árbitros: Un árbitro.

  • Dous xuíces de liña.
  • Xuíz de liña de espera / Oficial de liña lateral (só nos partidos entre condado).
  • Catro árbitros (dous en cada extremo).

O árbitro é o responsable de iniciar e deter o xogo, da gravación da puntuación e da adxudicación e emisión de tarxetas aos xogadores que non cumpran as normas.

Partido

  • O partido comeza cando o árbitro lanza o sliotar entre os catro centrocampistas na liña do medio do campo.
  • Despois de que un atacante anote ou meta o balón entre os postes, o porteiro pode sacar lanzando a pelota dende o bordo da área pequena. Todos os xogadores teñen que estar máis aló da liña de 20 metros.

Historia

O presidente americano Barack Obama aceptando un hurley do Taoiseach Enda Kenny

O hurling é máis antigo ca a historia de Irlanda. Crese que este deporte é máis antigo que a cristiandade, logo de ter chegado a Irlanda cos celtas. O hurling leva sendo un pasatempo irlandés dende hai máis 2000 anos. As primeiras referencias escritas do deporte datan do século V na lei de Brehon. O libro do rei Seamus "Unha historia de hurling" é unha referencia da historia verbal irlandesa do hurling xa no 1200 a.C.. O hurling seméllase aos xogos do shinty que se xoga principalmente en Escocia, ao cammag da Illa de Man e ao bandy que se xogou antes en Inglaterra e Gales. O conto do Táin Bó Cuailgne (basándose en lendas anteriores) describe ao heroe Cúchulainn xogando ao hurling en Emain Macha. Referencias ao hurling aparecen en moitos lugares como nos Estatutos do século XIV de Kilkeny e coma nunha lápida do século XV en Inishowen (Condado de Donegal) que aínda sobrevive.

O hurling díxose que na antigüidade os equipos representaban a pobos veciños. As aldeas xogarían partidos nos que se usaban centos de xogadores que duraban horas e incluso días.

Ao século XVIII refíreselle frecuentemente como ao "A idade de ouro do hurling". Un dos primeiros intentos de estandarizar o xogo formalmente, foi intentando poñer por escrito as regras coa fundación da Unión do Hurling irlandesa no Trinity College de Dublín no 1879. O seu obxectivo era "a elaboración dunhas regras pra todos os clubs da unión e fomentar este xogo varonil e nobre de hurling no seu país natal". A fundación da Asociación Atlética Gaélica (GAA) en 1884 no Hayes Hotel, Thurles (Condado de Tipperary) cambiou unha tendencia de declive terminal pola organización en torno a un conxunto común de regras comúns. No 1891 disputouse o primeiro All-Ireland Hurling Final con vitoria do Kerry. Así e todo, Cork, Kilkeny e Tipperary dominaron no século XX o All-Ireland gañando cada un ata máis de 20 veces o campionato. Wexford , Waterford , Clare , Limerick , Offaly , Antrim , Dublín e Galway tamén foron equipos de hurling importantes durante o século XX.

No novo milenio, o hurling mantense como o segundo deporte máis popular de Irlanda. Un sistema de clasificación ampliado deu lugar a un All-Ireland Senior Hurling Championship, pero Cork, Tipperary e Kilkeny dominan o campionato e moitos din que o All-Ireland perde competitividade. O pago aos xogadores segue sendo controvertido e a Asociación de Xogadores Gaélicos segue medrando a pasos axigantados. A creación da Christy Ring Cup e da Nicky Rackard Cup deu novos trofeos e oportunidades de xogar en Croke Park a equipos máis débiles. Continuación da difusión da estrutura do campionato completouse coa adición da Lory Meogher Cup no 2009 un campionato de catro niveis.

O hurling nos xogos olímpicos

O hurling foi un deporte olímpico nas olimpiadas de verán do ano 1904 en St.Louis, Missouri nos Estados Unidos. Na final, o Feniana FC de Chicago venceu ao Innisfails de St.Louis. Esta foi a única ocasión na que o hurling se disputou nos Xogos Olímpicos.

Trofeos de hurling

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas