Glee
Glee (estilizado como glee) é unha serie de televisión estadounidense do xénero musical, comedia e drama que foi emitida a través da canle Fox dende o 19 de maio de 2009 até o 20 de marzo de 2015. Céntrase nos estudantes do instituo ficticio William McKinley High School, no que os seus membros fan espectáculos musicais ó tempo que teñen que afrontar os comúns problemas de instituto, a aceptación social, as relacións sexuais e a discriminación para aprender a traballar como un equipo. Entre os actores iniciais están Matthew Morrison, que interpreta o director do club Will Schuester, Jane Lynch como a adestradora Sue Sylvester, Jayma Mays como a conselleira estudantil Emma Pillsbury, Jessalyn Gilsig como a muller de Will Terri e Dianna Agron, Chris Colfer, Kevin McHale, Lea Michele, Cory Monteith, Amber Riley, Mark Salling e Jenna Ushkowitz como os oito membros do club. O elenco principal da serie variou ó longo da serie.
A serie foi creada por Ryan Murphy, Brad Falchuk e Ian Brennan, sendo este último o que concibía orixinalmente Glee como un filme. Os tres escribiron tódolos episodios das dúas primeiras tempadas, e Murphy e Falchuk exerceron nun principio como os directores principais da serie. O episodio piloto emitiuse o 19 de maio de 2009, e a primeira tempada estreouse do 9 de setembro de 2009 até o 8 de xuño de 2010. As seguintes tempadas estreáronse en setembro e concluíron en maio. A sexta e derradeira tempada emitiuse dende xaneiro a marzo de 2015.[1]
Notas
- ↑ Stanhope, Kate (20 de novembro de 2014). TV Guide, ed. "Fox Announces Premiere Dates for Glee's Goodbye, The Following's Return". Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2014. Consultado o 21 de novembro de 2014.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Glee |
Ligazóns externas
- Páxina oficial Arquivado 29 de decembro de 2015 en Wayback Machine.
- Glee na IMDb (en inglés).
Este artigo sobre televisión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |