[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Abomey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 3 de xaneiro de 2012 ás 17:16 por Ices2Csharp (conversa | contribucións)

|thumb|250px|Abomei]] Abomei, cidade do sur de Benín.
Capital do antigo reino fon de Dahomei, establecido en 1625.
A cidade é coñecida polos seus palacios reais, un grupo de estruturas construídas en barro entre mediados do século XVII e fins do XIX, os edificios estaban rodeados por un muro de lama no que se abrían seis portas, e protexido por un foxo de cinco pés de fondo, cuberto cunha densa sebe de acacias espiñentas.
En novembro de 1892, Behanzin, o último rei independente de Daomei, tras ser derrotado polas tropas coloniais francesas, prendeu lume á cidade e fuxiu para o norte. Os franceses reconstruíron a cidade e conectaron a cidade por ferrocaril coa costa.
En 1985 foi inscrita na lista do patrimonio da humanidade da UNESCO.