[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Mustela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.

Mustela

Donosiña de rabo longo
Clasificación científica
Superreino: Eukaryota
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Carnivora
Suborde: Caniformia
Familia: Mustelidae
Subfamilia: Mustelinae
Xénero: Mustela
Linnaeus, 1758
Especies

Véxase o texto

Mustela é un xénero da familia Mustelidae, subfamilia Mustelinae. Pertencen a este xénero o armiño, furón, o visón europeo e a donicela. O termo donicela pode referirse ao menor membro do xénero (Mustela nivalis), que se coñece simplemente como donicela, donicela común ou denosiña. O xénero posúe 16 especies existentes hoxe en día e 10 delas posúen a palabra donicela no seu nome común. Por outra banda, outros mustelinos (pertencentes tamén á subfamilia Mustelinae mais non ao xénero Mustela) teñen un nome común composto coa palabra donicela: donicela da Patagonia (Lyncodon patagonicus), donicela raiada do Sáhara (Poecilictis lybica) e a donicela de pescozo branco (Poecilogale albinucha).

Os compoñentes do xénero Mustela varían en lonxitude desde os 13 cm, no caso da donicela común ou donicela menor (Mustela nivalis), a uns 55 cm no caso do visón americano (Mustela vison). Algunhas especies de altas latitudes, coma o armiño (Mustela erminea) cambian no inverno a pelaxe a branca. Teñen corpos alongados, útiles para cazar as súas presas nos seus tobos. Usualmente, as súas colas son case tan longas coma o seu corpo. Como é habitual en pequenos carnívoros, as Mustela teñen reputación de intelixencia e astucia.

Especies

  • Mustela africana
  • Mustela altaica
  • Mustela erminea
  • Mustela eversmannii
  • Mustela felipei
  • Mustela frenata
  • Mustela kathiah
  • Mustela lutreola
  • Mustela lutreolina
  • Mustela nigripes
  • Mustela nivalis
  • Mustela nudipes
  • Mustela putorius
  • Mustela sibirica
  • Mustela strigidorsa
  • Mustela vison
  • Mustela macrodon (extinto).

Bibliografía

  • Nowak, Ronald M. e Walker, Ernest P., Walker's carnivores of the world, Johns Hopkins University Press, 2005.

Ligazóns externas