KAI T-50 Golden Eagle: Diferenzas entre revisións
básico de en.wiki |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 3 de maio de 2024 ás 07:19
KAI T-50 Golden Eagle | |
---|---|
Tipo | adestrador avanzado/caza lixeiro |
Fabricante | Korea Aerospace Industries Lockheed Martin |
Primeiro voo | 20 de agosto de 2002 |
Introducido | 22 de febreiro de 2005 |
Principais usuarios | Forza Aérea de Corea do Sur Forza Aérea de Iraq Forza Aérea de Indonesia Forza Aérea de Filipinas |
Produción | 2001 - presente |
Unidades construídas | 200 |
O KAI T-50 Golden Eagle (coreano: 골든이글) é unha familia de adestradores avanzados e aviónsde combate lixeiros supersónicos de Corea do Sur desenvolvidos por Korea Aerospace Industries (KAI) con Lockheed Martin.[1] É o primeiro avión supersónico indíxena de Corea do Sur e un dos poucos adestradores supersónicos do mundo.[2]
O desenvolvemento do T-50 comezou a finais dos anos 90, e o seu primeiro voo foi no ano 2002. Entrou en servizo activo coa Forza Aérea da República de Corea en 2005. O T-50 foi posteriormente desenvolvido con variantes como avión acrobático e de combate, as T-50B, TA-50 e FA-50. Considerouse tamén unha variante monopraza de caza multipropósito do F-50, pero finalmente foi cancelada. O T-50B serve co equipo acrobático da Forza Aérea de Corea do Sur, os Black Eagles.
O T-50 está en servizo con varios países. Iraq recibiu 24 avións da variante de adestramento, designados T-50IQ, en 2016. A variante de ataque lixeiro TA-50 é operada por Indonesia, 16 avións entraron en servizo en 2014 e en 2021 pedíronse 6 aparellos máis. Filipinas opera 12 unidades da variante de caza lixeiro FA-50, e o país considera pedir outras 12 unidades. Tailanda pediu 12 aparellos da versión de adestramento avanzado, T-50TH, en 2015.[3] No ano 2022 Polonia pediu 48 FA-50,[4] en en 2023 Malaisia pediu 18 aparellas da última variante Block 20, coa posibilidade de mercar outros 18.[5]
Notas
- ↑ "FLUG REVUE Aircraft Gallery: Korea Aerospace T-50 Golden Eagle". web.archive.org. 2010-05-05. Consultado o 2024-05-02.
- ↑ "Domestic Light Attack Jets Due in 2013". koreatimes (en inglés). 2008-12-30. Consultado o 2024-05-02.
- ↑ "2024 World Air Forces directory". Flight Global (en inglés). Consultado o 2024-05-03.
- ↑ "Poland receives new FA-50 light combat jets". Shephard (en inglés). Consultado o 2024-05-03.
- ↑ "LIMA 2023: KAI says Malaysia keen to order 18 additional FA-50s". Janes.com (en inglés). Consultado o 2024-05-03.