[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

visión

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «visión».
Ollo hunamo, o noso órgano da visión

Substantivo feminino

visión (sg: visión; pl: visións)

  1. (Fisioloxía) Sentido que permite aos animais interpretar a súa contorna a partir da luz que reflicten as superficies que a compoñen.
    • Exemplo: O ollo é o órgano da visión

      .

Sinónimos

  1. Acción de ver.
    • Exemplo: Despois de tantos anos fóra, a visión da ría desde o avión emocionouno

      .
  2. Representación mental de algo, maneira de concibir ou de interpretar.
    • Exemplo: A súa visión do mundo sempre foi moi negativa

      .

Sinónimos

  1. Percepción imaxinaria de cousas non reais, fantásticas ou sobrenaturais.
    • Exemplo: Ti ves visións!

      .
  2. (Relixión) Imaxe que, de maneira sobrenatural, se percibe polo sentido da vista ou por representación imaxinaria.
    • Exemplo: As visións de Santa Teresa

      .
  3. (Relixión) Iluminación intelectual infusa sen existencia de ninguha imaxe.
    • Exemplo: Esta nena ten moitas visións

      .