[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

percibir

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego

Verbo transitivo

percibir

  1. Coñecer por medio dun sentido as imaxes, impresións ou sensacións externas.
    • Exemplo: Podemos percibir as cores polo sentido da vista. Lendo os seus escritos percíbese a súa ideoloxía

      .
  2. Recibir unha cantidade de diñeiro ou outro ben, como renda, imposto, taxa, etc.
    • Exemplo: Percibiu unha indemnización por lle expropiaren uns terreos

      .
  3. Comprender ou coñecer algo.
    • Exemplo: Estaba tan apampado que non percibín nada

      .