punta
Aparencia
- Pronuncia: [ˈpun.tɐ] (AFI)
punta (sg: punta; pl: puntas)
- Extremo agudo dunha cousa, normalmente que pincha.
- Exemplo: Temos que afia-la punta do coitelo.
- Exemplo: Temos que afia-la punta do coitelo.
- Extremo dunha cousa máis ou menos longa, aínda que non sexa agudo.
- Exemplo: Dóeme a punta do dedo.
- Exemplo: Dóeme a punta do dedo.
- Cravo pequeno.
- Exemplo: Téñolle que poñer unhas puntas á mesa para que non rompa.
- Exemplo: Téñolle que poñer unhas puntas á mesa para que non rompa.
- Extremo máis alto dunha cousa.
- Exemplo: A cegoña aniñou na punta da espadana.
- Exemplo: A cegoña aniñou na punta da espadana.
- (Xeografía) Parte de terra que se adentra no mar.
- Exemplo: O petroleiro encallou na Punta do Boi.
- Sinónimos: cabo.
- Exemplo: O petroleiro encallou na Punta do Boi.
- Folla de tabaco de excelente calidade.
- Grupo de animais que se separa dun rabaño.
- Cada unha das partes que están máis afastadas do centro ou medio de todas.
- Exemplo: Vive na outra punta da cidade.
- Sinónimos: extremidade, extremo.
- Exemplo: Vive na outra punta da cidade.
- (Alimentación) Parte do solombo correspondente á parte menos grosa deste.
- Exemplo: Da punta do solombo vacún sácase o filet mignon.
- Exemplo: Da punta do solombo vacún sácase o filet mignon.
Termos relacionados
- De punta, de punta a cabo, de punta en branco, hora punta, punta da teta, sacar punta, tecnoloxía punta, ter algo na punta da lingua, velocidade punta.
- Puntada, puntal, punteira, punteiro, puntilloso, punto.
Traducións
- Castelán: (1, 2, 3, 4, 5, 6, 7) punta (es); (8) extremidad (es), extremo (es).
- Francés: (1, 2, 3, 4, 5) pointe (fr); (8) extrémité (fr).
- Portugués: ponta (pt)
punta (sg: punta; pl: puntas)