[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

doutrina

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego
  • Pronuncia: /dow.'tri.na/ (AFI)

Substantivo feminino

doutrina (sg: doutrina; pl: doutrinas)

  1. Conxunto de ideas ou principios que pretenden dar unha explicación a un fenómeno en relixión, filosofía ou política, sustentadas por unha persoa ou grupo.
    • Exemplo: Doutrinas relixiosas. A doutrina tomista. Debemos seguir as doutrinas da Internacional Socialista

      .
  2. Ensinanza que se para a instrución de alguén.
    • Exemplo: A profesora dáballes as primeiras doutrinas aos parvuliños

      .
  3. (Ciencia) Norma científica, paradigma.
    • Exemplo: Aquel físico aplicaba fielmente a doutrina newtoniana

      .
  4. (Relixión) Na Igrexa católica, e noutras igrexas critiás, transmisión dos principios da relixión na catequese.
    • Exemplo: O párroco explicaba a doutrina antes da misa de 12 aos nenos que preparaban a primeira comuñón.

Termos relacionados

  • corpo de doutrina
  • doutrina cristiá
  • doutrina legal