dignidade
Aparencia
- Etimoloxía: do latín dignĭtas, -ātis.
- Pronuncia: /dig.ni.'ða.ðe̯/ (AFI)
dignidade (sg: dignidade; pl: dignidades)
- Calidade de digno.
- Calidade moral pola que alguén mantén o amor propio e o respecto por si mesmo.
- Seriedade e decoro na maneira de maneira de comportarse.
- Cargo honorífico e de autoridade.
- Persoa que posúe un cargo honorífico e de autoridade.
- (Relixión) Cada unha das coenxías máis elevadas, como a de deán, a de arcipreste ou a de arcediago, que existen nos cabidos das catedraiss e nas colexiatas.