[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

demo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «demo».
O demo ós pés de San Miguel (igrexa de San Vicente de Cerponzóns, Pontevedra)
demo1
  • Pronuncia: /ˈdɛmo̝/ (AFI)

Substantivo masculino

demo (sg: demo; pl: demos)

  1. (Relixión) Espírito malvado na relixión cristiá, anxo que se rebelou contra Deus e foi condenado por este a vivir no inferno.
  2. (Figurado) Persoa que actúa con maldade.
    • Exemplo: O cacique era o demo e merecía morrer.

  3. (Figurado) Persoa inqueda, travesa, pero sen maldade.
    • Exemplo: Os meus netos sonche o demo, pero estou desexando que veñan a casa.

Termos relacionados

Léxico

Fraseoloxía

Traducións

demo2

Substantivo feminino

demo (sg: demo; pl: demos)

  1. (Informática) Demostración, tanto no senso xeral (execución con fins demostrativos) coma no senso das versións dos programas informáticos que se distribúen coma un exemplo do seu funcionamento con posibilidade de utilización temporal.