[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

citar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego

Verbo transitivo

citar

  1. Comunicar a alguén que acuda a unha reunión, xulgado etc., en determinado lugar e hora.
    • Exemplo: Citouno o xuíz para que compareza o día vinte nos tribunais.

  2. Dicir ou escribir palabras doutra persoa, dun texto etc. para apoiar ou ilustrar as dun mesmo.
    • Exemplo: Está citando constantemente a Platón

      .
  3. Facer referencia ao nome de alguén.
    • Exemplo: Cando leu a lista non citou o meu nome

      .

Sinónimos

mencionar

Verbo pronominal

  1. Dúas ou máis persoas acordar encontrarse nun determinado lugar e hora.
    • Exemplo: Citáronse para pasado mañá

      .