[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

canle

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «canle».
  • Pronuncia: /ˈkanle̝/ (AFI)

Substantivo feminino

canle (sg: canle; pl: canles)

  1. Leito artificial para controlar o curso da auga.
  2. Parte fonda do suco que fai o arado na terra.
  3. Gran leito que une as augas de dous mares co obxectivo de que poidan pasar as embarcacións.
  4. Peza do muíño formada por unha base e dúas paredes de lousa de pedra.
  5. (Anatomía) Conduto polo que circulan fluídos entre dúas estruturas anatómicas.
  6. (Anatomía) Suco dunha estrutura anatómica.
  7. (Botánica) Parte alongada dun vexetal.
  8. (Xeografía) Paso estreito e alongado entre montañas.
  9. (Lingüística) Medio polo que o emisor transmite unha mensaxe ao receptor.
  10. (Telecomunicacións) Banda de frecuencia en que emite unha estación de radio ou televisión.
    • Exemplo: Cada vez hai máis canles de televisión, e menos xente que a ve.

  11. (Telecomunicacións) Estación de radio ou televisión.
  12. (Figurado) Medio a través do que se envía ou recibe [algo].
  13. (Arquitectura) Moldura cóncava tallada.

Sinónimos

  1. Cal, canal, quenlla.
  2. Cal, rego.
  3. Canal.
  4. Caldeira.

Traducións