[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

lamprea

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Galego
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «lamprea».
  • Pronuncia: /lamˈpɾea̝/ (AFI)

Substantivo feminino

lamprea (sg: lamprea; pl: lampreas)

lamprea
  1. (Ictioloxía, alimentación) Peixe da familia dos petromizóntidos (Petromyzontidae), é un peixe ágnato (sen mandíbula), de forma alongada, serpentiforme e cilíndrica. Pertence a un grupo evolutivamente moi primitivo e caracterízase pola forma da súa boca en forma de ventosa. Distínguese tamén polos sete buratos branquiais a ámbolos lados do corpo e unha pel moi viscosa, sen escamas.

Sinónimos

Variantes

  • lampreia (O que non podo pasar son as lampreias, somellan cobras e saben a lama (Eduardo Blanco Amor: Os biosbardos, Galaxia 1987 (8ª ed), 43.))

Nome científico

Termos relacionados

Traducións

Véxase tamén

Castelán

Substantivo feminino

lamprea (sg: lamprea; pl: lampreas)

  1. (Ictioloxía, alimentación) Lamprea.